Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de decembro de 2017

A Coruña celebrará entre os días 5 e 18 de febreiro as III Xornadas Lacónicas, dedicadas ao lacón con grelos

O Concello abre hoxe e ata o día 21 o prazo de inscrición para os establecementos interesados en participar neste evento gastronómico, que se desenvolve coincidindo co Entroido

O Concello abre desde hoxe e ata o vindeiro día 21 o prazo  de inscrición para os establecementos interesados en participar na terceira edición das Lacónicas, as xornadas gastronómicas do lacón con grelos que impulsa a área de Turismo, que dirixe o concelleiro  de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, e que no 2018 celebraranse entre os días 5 e 18 de febreiro. O seu obxectivo, segundo indica o edil, é potenciar a cidade como destino gastronómico durante o Entroido coruñés a través do menú característico e popular da época, a laconada, dentro da aposta pola gastronomía como unha das liñas estratéxicas en materia turística.

Tal e como se recolle nas bases, poderán participar nestas xornadas "establecementos de hostalería da cidade que, pola súa traxectoria profesional e proposta gastronómica, encaixen na temática das xornadas". Cada un dos locais participará cun único menú,que deberá ser elaborado, principalmente, con produtos galegos, e composto dun primeiro prato tradicional, que será sopa ou similar, un prato principal, composto por unha laconada, e sobremesa, que incluirá filloas e/ ou orellas, ademais de bebida (auga, refrescos ou adega de denominación galega) e café. O prezo dos menús debe oscilar entre os 15 e os 30 euros (IVE incluído).

Poderán participar nas Lacónicas un máximo de 30 establecementos.  As bases de participación, que é gratuíta, poden consultarse na páxina web www.turismocoruna.com, onde tamén está dispoñible o formulario de inscrición. Esta deberá enviarse á dirección xornadaslaconicas@gmail.com antes das 14.00 horas do día 21 deste mes. Aqueles establecementos interesados poden dirixirse tamén aos teléfonos 639 155 247 ou no 636 447 574 para recibir máis información.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión