Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de xaneiro de 2026

A Coruña será a sede do Campionato de España de Milla, 5K e Medio Maratón

A designación reforza o papel da cidade como referente na celebración de grandes eventos deportivos

A Coruña acollerá o próximo ano 2027 o Campionato de España de Ruta, que engloba as probas de Milla, 5K e Medio Maratón. A Real Federacion Española de Atletismo decidiu en Xunta de goberno que a cidade celebre estas tres citas, as máis importantes do país das súas modalidades.

"Esta designación é froito do traballo levado a cabo polo Goberno de Inés Rey na busca de mellorar as nosas probas deportivas propias e, sobre todo, as vinculadas atletismo", indicou Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes, que agradeceu tamén o labor da Federación Galega de Atletismo, presidida por Iván Sanmartín, coa que o Concello traballa na celebración na ciudade de distintas probas. As datas de ditas competicións determinaranse proximamente en función das citas internacionais.

A celebración de estas tres probas na cidade supón que os e as mellores atletas visitarán a cidade e buscarán facer marcas para as competicións internacionais. As probas, que serán retransmitidas en directo, "reafirman que A Coruña é unha cidade idónea para a celebración de grandes competicións deportivas", sinala Vázquez.

Máis de 2.500 persoas inscritas para a C21

O anuncio da celebración na Coruña destas tres competicións nacionais prodúcese cando xa se superaron as 2.500 inscricións para o Medio Maratón C21, superando amplamente as cifras do ano anterior a estas alturas.

A proba celebrarase o domingo 1 de marzo e irá acompañada, un ano máis, por unha proba 5K que servirá como punto de partida para o circuíto de carreiras populares Coruña Corre, que arrincará proximamente.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión