13 de decembro de 2017
O evento ofrecerá numerosas exhibicións e obradoiros gratuítos de disciplinas como capoeira, parkour, crossfit, combat ou street dance. O día 21 celebrarase, simultaneamente, o torneo de escalada PsicoBlock
O concelleiro de Emprego e Economía Social, e responsable de Turismo da Coruña, Alberto Lema, presentou esta mañá o Festival Street Stunts, un encontro internacional de deporte urbano que se celebrará na cidade no mes de xullo de 2018. O evento, que se celebrará por vez primeira na Coruña, acolleu nas últimas edicións a milleiros de asistentes, ademais de deportistas de máis de 20 nacionalidades. Neste sentido, tal e como destacou Lema, "a pesares de tratarse de modalidades deportivas relativamente novas, contan cunha grande aceptación e numerosa aficción". "Disciplinas como o parkour, que é unha das modalidades de deporte urbano máis coñecidas, adquiriron maior relevancia na última década. O evento que hoxe presentamos é moi relevante para a cidade pola cantidade de deportistas internacionais especialidados neste ámbito que participarán nas diversas competicións", aseverou o responsable de Turismo, quen descatou que, de xeito paralelo, o municipio coruñés acollerá tamén, na fin de semana do 20 ao 22 de xullo, a celebración da competición de escalada deportiva PsicoBlock Masters Series.
"A posta en marcha destes dous eventos porá en valor, de novo, a vinculación da Coruña co deporte de alto nivel, así como con todas as novas modalidades relacionadas co ámbito urbano a grande escala", sinalou o edil, unha aposta que o goberno local iniciou o ano pasado coa celebración do festival de cultura urbana Sinte o Flow no barrio de Mariñeiros. "A Coruña confírmase, unha vez máis, como unha cidade óptima para acoller eventos de categoría. Tanto a nivel profesional como de público aficcionado, Street Stunts atraerá un importante número de visitantes e turistas ao municipio nos días previos ás Festas de María Pita, o que dotará de maior protagonismo a cidade na época do verán", subliñou o titular de Turismo. "Ademais, tanto o festival como a competición de Psicoblock terán como marco a zona da Mariña, o que afondará tamén na vinculación da cidade, e da práctica deportiva, co mar", engadiu o concelleiro, que estivo acompañado na rolda pola xerente de Turismo, Lanzada Calatayud, como dos responsables de ambos os dous eventos, Alberto Badía e Finuco Martínez. Durante a fin de semana do 20 ao 22 de xullo, o Festival Street Stunts acollerá numerosas competicións, tanto de nivel profesional como amateur, de diversas modalidades. Así, ademais do evento de PsicoBlock --que se celebrará no Parrote o sábado 21-- , terán lugar torneos como Street Stunts Style, unha actividade extrema caracterizada por movementos acrobáticos; Speed Contest Free Running, competición na que as e os participantes deberán amosar a súas habilidades nun escenario deseñado, exclusivamente, para realizar unha carreira de obstáculos no menor tempo posible; Slackline, deporte de equilibrio sobre unha corda plana, sobre a cal as e os participantes deben amosar a súa axilidade e equilibrio mediante arriscados movementos; Street Pole, a disciplina do baile en barra que require forza e coordinación; Tricking, deporte que combina saltos, xiros e patadas que forman parte doutras disciplinas, como capoeira ou breakdance; Escalada en Boulder, modalidade que consiste na escalada de bloques de roca ou pequenas paredes; Street Workout e Calistenia, o entrenamento co propio peso corporal misturado con movementos de tensión e explosión, introducindo acrobacias extermas e que se realiza en barras paralelas, fixas ou no chan; All Style Battles, unha grande batalla de baile na que se darán cita diversos estilos de danza urbana; ademais de competicións de disciplinas máis coñecidas, como Breakdance ou CrossFit.
En paralelo ás competicións, desenvolveranse numerosas exhibicións e clases maxistrais gratuítas para todos os públicos de de highline, takewondo, street dance, brookling, combat, zumba, body combat, capoeira, yoga ou graffiti; e obradoiros de iniciación de parkour, street pool, slackline, street workout e calistenia, escalada en boulder, crossfit, capoeira, tricking e danzas urbanas. A oferta completarase coa posta en marcha do Street Boulevard, un espazo temático con numerosos food trucks, accións de animación paralelas ou actuacións, concertos e sesións de DJ's durante todo o festival.

26 de novembro de 2025

18 de novembro de 2025

15 de setembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible