Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de maio de 2026

A curtametraxe “Soliloquio”, do CPR Franciscanas, gañadora na categoría de secundaria do concurso do Concello Cinema na Escola 2025-2026

Contando todas as categorías, na presente edición do certame participaron máis de 800 estudantes de 17 centros de primaria e secundaria

Hoxe tivo lugar no Ágora a entrega de premios para as obras gañadoras dos colexios de secundaria do certame Cinema na Escola, despois de que onte se dese a coñecer o palmarés dos/as participantes de primaria noutro acto no mesmo lugar. O proxecto escollido polo xurado foi "Soliloquio", do CPR Franciscanas.

Cinema na Escola é un innovador concurso audiovisual organizado polo Concello que tivo unha gran participación do alumnado dos centros públicos da cidade, con máis de 800 estudantes e 22 docentes de 17 centros educativos implicados. A obra "Zona 0" foi onte a agraciada na categoría de Mellor Curtametraxe de primaria. 

"Con esta segunda gala pechamos unha edición de Cinema na Escola que foi todo un éxito. O nivel das pezas presentadas foi altísimo e a decisión do xurado foi moi difícil, o cal quere dicir que a escola cinematográfica coruñesa ten canteira, e o Goberno de Inés Rey vai estar alí para apoiala", subliñou o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, quen estivo presente en ambas as galas en representación do Concello.

Este programa busca inculcar na xuventude a expresión audiovisual a través da produción de curtametraxes propias. As persoas participantes tiveron que desenvolver todas as fases do proceso, desde a actuación á escritura, a dirección, a produción e a montaxe. Así, centos de alumnos e alumnas achéganse por primeira vez ás técnicas propias desta disciplina artística. 

Na gala de hoxe, participaron os seguintes centros de secundaria:

  • IES Agra do Orzán coa curta "O móbil"

  • IES Elviña coa curta "Foliada eclipsada"

  • IES Eusebio da Garda coa curta "Fogar"

  • IES Rafael Puga Ramón coa curta "Micelio"

  • IES Rafael Dieste coa curta "Log out"

  • IES Ramón Menéndez Pidal coa curta "Descoñecidos"

  • IES Salvador de Madariaga coa curta "O recado"

  • CPR Franciscanas coa curta "Soliloquio"

  • CPR Franciascanos coa curta "Cookies"

Todas as obras foron rodadas en galego e co teléfono móbil como instrumento de gravación. Ademais, impartíronselles talleres formativos de iniciación á creación audiovisual e formación e asesoramento presenciais nas tarefas de filmación e montaxe, co obxecto de darlle ferramentas ao alumnado para poder elaborar unha curtametraxe. 

Os galardóns foron deliberados por un xurado de persoas expertas composto polo actor de escena e dobraxe Santiago Fernández; a directora de casting Isa Escrigas; a doutora en fotografía por Belas Artes Ledi Bellón; o realizador e montador gañador dun Goya Fran X. Rodríguez e a técnica de Educación do Concello Ana Judel Prieto. 

O palmarés completo foi:

  • Mellor Curtametraxe: "Soliloquio" (CPR Franciscanas)

  • Mellor Guión: "Soliloquio" (CPR Franciscanas)

  • Mellor Fotografía: "Fogar" (IES Eusebio da Guarda)

  • Mellores Efectos Visuais: "Cookies" (CPR Franciscanos)

  • Mellor Edición e Montaxe: "Log out" (IES Rafael Dieste)

  • Mellor Edición de Audio: "Foliada eclipsada" (IES Elviña)

  • Mellor Interpretación: "Soliloquio" (CPR Franciscanas)

  • Mención Valores: "Descoñecidos" (IES Ramón Menéndez Pidal)

  • Mención Esforzo: "Foliada eclipsada" (IES Elviña)

  • Mención Comedia: "Micelio" (IES Rafael Puga Ramón)

  • Premio do público: "O móbil" (IES Agra do Orzán)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión