Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de marzo de 2023

A Orquestra Nacional de España regresa á Coruña 25 anos despois da súa última actuación

A formación musical, co seu director titular David Afkham e a violinista Leticia Moreno, ofrecen concertos o venres e o sábado no Pazo da Ópera

A Orquestra Nacional de España ofrecerá o venres e o sábado cadanseus concertos, retornando asi á cidade da Coruña despois de 25 anos desde a súa anterior actuación.

A Orquestra Nacional de España baixo a dirección do seu titular David Afkham e a violinista Leticia Moreno ofrecerán os dous concertos dentro da programación de abono da Orquesta Sinfónica de Galicia. Serán este venres 24 e o sábado 25 de marzo no Pazo da Ópera, a partir das 20.00 horas.

O programa dos concertos está composto polo "Concerto para violín - The Door in the Wall", de Benet Casablancas, inspirado nun relato de Herbert George Wells e a "Sinfonía nº 6" de Anton Bruckner. O concerto de Casablancas foi un encargo da propia Orquestra Nacional de España en colaboración co Centro Nacional de Difusión Musical que se estreou en Madrid a pasada semana.

Desta maneira, e dentro da programación de abono da tempada da OSG, a formación musical regresa á cidade da Coruña e ao seu Pazo da Ópera despois de 25 anos, o que supón unha cita moi agardada. Entradas dispoñibles en entradas.ataquilla.com.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión