Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de agosto de 2026

A remodelación dos Cantóns abre camiño á nova imaxe do seu carril bici: continuo, bidireccional e de 650 metros entre praza de Mina e a Marina

O percorrido, xa aberto ao tránsito de vehículos ciclables, concibiuse como un trazado segregado entre a calzada e as beirarrúas, reforzando así a seguridade viaria das persoas usuarias

O Concello avanza co plan de remodelación dos Cantóns, que pouco a pouco vai deixando entrever a nova imaxe de infraestruturas como o novo carril bici que conectará a praza de Mina coa contorna da Autoridade Portuaria, un percorrido de aproximadamente 650 metros que se completará nos vindeiros meses.

O trazado, que bordea espazos como os xardíns de Méndez Núñez e o Teatro Colón, xa está aberto ao tránsito de forma parcial entre a Marina e Entrexardíns, treito onde a urbanización do carril, bidireccional e de 3 metros de ancho, xa está practicamente completada. Neste sentido, cómpre destacar a súa segregación da calzada e das beirarrúas, reforzando así a seguridade viaria das persoas usuarias.

Esta segregación total favorece aspectos moi específicos da circulación en vías ciclables. Por exemplo, os primeiros contactos a bordo dunha bicicleta, propicio para familias con crianzas. Ademais, outra cuestión moi destacada do novo carril bici direccional chega ata o novo paso peonil coa rúa Sánchez Bregua, o que permitirá suprimir un pequeno treito que se habilitou tempo atrás sobre a beirarrúa que bordea Méndez Núñez.

A alcaldesa, Inés Rey, explicou o proceso que levou á execución deste novo carril bici, que substitúe ao trazado provisional que bordeaba anteriormente o Cantón Grande. "Durante a pandemia da covid-19, e atendendo á normativa sanitaria vixente por aquel entón, ampliamos a superficie peonil dos Cantóns para facilitar o tránsito con distancia de seguridade. Foi unha medida que tamén nos serviu de proba piloto para valorar a aceptación dunha remodelación dos Cantóns no futuro", indicou a rexedora.

Neste contexto, tamén se habilitou un carril bici provisional que marcou, en certa forma, o punto de partida do trazado actual, mellorado, xa adaptado á configuración definitiva dos Cantóns, conectado ao novo treito da rúa Nova e coa previsión de que teña accesos directos ás bases do servizo municipal BiciCoruña. 

A este respecto, nas vindeiras semanas está programada a reubicación da estación de BiciCoruña existente no Cantón Grande, para ubicarla na contorna do carril bici.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión