Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

25 de xaneiro de 2020

A reurbanización do espazo público do grupo de vivendas de María Pita garantirá a accesibilidade en todo o barrio

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, presentou no barrio de Labañou o proxecto que se licitará a finais de 2020 A actuación permitirá mellorar o aspecto urbano desta zona e dará prioridade aos espazos peonís

O concello prevé levar a cabo a reurbanización do espazo público do grupo de vivendas de María Pita, en Labañou, co obxectivo de mellorar a calidade urbana do barrio e de garantir a acesibilidade  en todas as súas rúas. Este proxecto responde ao compromiso do Goberno local cos barrios e cos grupos de vivendas sociais, un compromiso que estivo presente sempre nas políticas urbanísticas dos gobernos socialistas. De feito, o primeiro  ARI na Sagrada Familia leva a súa firma.

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, reuniuse cos veciños o pasado día 22 para presentarlles o anteproxecto, redactado polo estudio de arquitectura RVR, e explicarlles que a intervención servirá para incrementar a seguridade e accesibilidade na zona, ademais de mellorar o espazo público. Á reunión acudiu parte do equipo redactor, a directora da área de Urbanismo e o xefe do Servizo de Rehabilitación e Vivenda, xa que os traballos de mellora do espazo público do barrio están vinculadas á Área de Rehabilitación Integral (ARI) delimitada no grupo María Pita e realizaranse en varias fases en base á dispoñibilidade orzamentaria. A primeira fase licitarase a finais de ano.

O plan, explican desde a concellería, suporá unha mellora notable da calidade urbana da zona, apostando por rúas en plataforma única de preferencia peonil, maior número de árbores e zonas verdes e dúas zonas de xogos infantís. Ademais proxéctanse dúas pérgolas, unha na parada do bus e outra no apartado infantil.

O concelleiro explicou que o proxecto obrigará a realizar algunhas modificacións como a recolocación das prazas de aparcamento. A intención é manter o número existente, pero levándoas ás rúas perimetrais. Deste xeito, os espazos interiores serán zonas de estancia e de xogo.

Unha das prioridades do Goberno local, compartida pola veciñanza, é a de garantir a accesibilidade total das rúas e espazos públicos do barrio. Para iso, está previsto a instalación de ramplas que comuniquen as diferentes plataformas en que se organizan os bloques de vivendas e o cambio de rasantes dalgunhas das rúas. Ademais, aínda que non é obxecto do anteproxecto, prevíronse no espazo público as ocupacións que suporía a instalación de ascensores nos diferentes bloques, estudando caso a caso e achegando diferentes solucións construtivas e de ocupación. A instalación destes elevadores correría a cargo de cada comunidade de propietarios, existindo subvencións vinculadas á Área de Rehabilitación Integral de ata o 80%.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión