Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de decembro de 2025

A Rolda Peonil avanza pola Sagrada Familia, coa finalización da primeira fase das obras e a adxudicación da segunda

A alcaldesa, Inés Rey, informou da adxudicación dos traballos, que permitirán dar continuidade ao proxecto para conectar os parques de San Diego e do Observatorio, a través dos barrios

A alcaldesa, Inés Rey, informou hoxe dos novos avances no proxecto da Rolda Peonil, que terá continuidade pola Sagrada Familia tras a adxudicación das obras de humanización correspondentes ao segundo treito da rúa homónima e tamén de Antonio Carballo, cun investimento dun millón de euros.

Os traballos, que executará a empresa Construcciones Cernadas, permitirán estender a Rolda Peonil xa en dirección ao barrio da Agra do Orzán, co obxectivo de conectar este percorrido co parque do Observatorio.

Na rolda de prensa desta mañá, posterior á Xunta de Goberno Local, Inés Rey apuntou ao impacto positivo deste trazado peonil ao seu paso por barrios como A Gaiteira, Catro Camiños e Os Mallos, "onde non só se gañou superficie para o paso das persoas, senón tamén accesibilidade universal, máis espazos de lecer e máis visibilidade para o pequeno comercio".

É precisamente a dinamización deste último o que impulsa as melloras previstas na Sagrada Familia, onde xa son visibles as actuacións do primeiro treito que se humanizou, entre as rúas Nosa Señora da Luz e San Xaime, con máis de 2.200 m² de superficie peonalizada, novas áreas verdes e arboredo, así como novo mobiliario urbano.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión