Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de abril de 2019

A Sala de Exposicións de Palexco acollerá desde o martes 16 de abril a mostra 'Mans de bruxa. Ardor', de Ana DMatos

O alcalde, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, asistirán ao acto de apertura da exposición, que se poderá visitar até o 19 de maio

A Sala Municipal de Exposicións de Palexco acollerá desde este martes, a mostra Mans de bruxa. Ardor, o novo traballo da artista visual Ana DMatos. A gañadora do premio Julián Trincado no ano 2010 presenta na Coruña o seu novo proxecto de investigación, no que afonda na construción e desenvolvemento do concepto de bruxa, así como a súa transmisión ao longo dos anos e de como afecta, hoxe en día, ás mulleres. Para isto, DMatos parte da representación dunha parte do seu corpo: a man, un elemento que, a partir das enrugas e feridas, lle permite trazar mapas persoais ou percorridos vitais.

O proxecto Mans de bruxa ten como base a obra multimedia Svmmis desiderantes affectibvs, un traballo realizado por DMatos en 2014 e que tiña como obxectivo visibilizar ás vítimas da intolerancia e ás mulleres torturadas e queimadas por bruxería. A obra pendura, hoxe en día, do teito da capela do Museo Barjola, en Xixón. Agora, partindo do imaxinario que situaba ás mulleres como orixe do mal, a artista dá a volta para ofrecer un discurso de dignidade e esperanza, que presenta en Ardor, o subtítulo que recolle o conxunto de obras e ensaios que se poderán observar no Palexco. Debido ao tamaño dalgunhas obras e requisitos técnicos, Mans de bruxa exporase, de xeito simultáneo, na Coruña e Xixón.  

O alcalde, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, participarán mañá, ás 19.30 horas, no acto de apertura ao público da exposición, ao que tamén asistirá a artista. Mans de bruxa. Ardor poderase visitar até o domingo 19 de maio no horario habitual da sala, de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas todos os días da semana.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión