Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de outubro de 2019

A xefa de Acción Social do Concello, galardonada no Día da Amizade celebrado hoxe en Palexco

A Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña premiou a Regla Dávila co premio á Participación Cidadá 2019

Esta tarde celebrouse no Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco) o Día da Amizade, organizado pola Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña, que este ano está dedicado especialmente á profesión xornalística.

A entidade entregou neste acto a insignia de ouro á Asociación da Prensa e o premio á Participación Cidadá 2019 a Regla Dávila Caballero, xefa de servizo de Acción Social do Concello da Coruña. Ademais, a asociación rendiu homenaxe as asociadas que cumpren 25 anos na entidade provincial. A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, participou na entrega das insignias de ouro.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión