10 de febreiro de 2023
Mañá, sábado 11, terá lugar en Palexco o tradicional concurso de comparsas na modalidade de música e letra
As pequenas e pequenos poderán gozar do espírito festivo destas datas, con obradoiros creativos e actividades especiais orientadas á rapazada de entre 4 a 16 anos de idade
O Concello da Coruña abriu hoxe o prazo de inscrición nas actividades de Entroido previstas nos centros cívicos municipais, achegando o espírito festivo destas datas a todos os barrios.
Neste sentido, as pequenas e pequenos poderán gozar, ata o vindeiro mércores 22, dun amplo calendario de festas, xincanas e obradoiros creativos. As inscricións poderán tramitarse a partir deste venres 10 nos centros cívicos da Coruña, durante o horario habitual de apertura.
Este é o calendario completo das festas programadas nos centros cívicos:
Todas as festas serán en horario de 17.00 a 20.00 horas, agás no centro cívico dos Mallos e o polideportivo municipal de Novo Mesoiro, onde terán lugar de 16.30 a 19.30 horas.
Obradoiros de máscaras de peliqueiro e actividades con temática circense
Ademais, os centros cívicos ofrecerán actividades especiais de Entroido para nenas e nenos de 4 a 16 anos, con obradoiros creativos de máscara de peliqueiro e gymkanas con temática circense. As datas, horarios e localizacións son as seguintes:
Obradoiro de máscaras de peliqueiro
Gymkanas con temática circense
Os horarios desta actividade serán sempre de 11.30 a 13.00 horas, agás no centro cívico de San Pedro de Visma, onde terán lugar de 17.00 a 18.30 horas.
Concurso de comparsas
As actividades de Entroido nos centros cívicos enmárcanse no amplo abano de eventos que o Goberno de Inés Rey ten organizado para esas datas. Mañá, sábado 11, está prevista tamén a celebración do concurso de comparsas, ás 18.00 horas en Palexco, nas modalidades de música e letra, cita na que tomarán parte sete comparsas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible