17 de febreiro de 2020
O programa de inmersión lingüística desenvolverase este verán ao longo de 4 semanas, preferentemente durante o mes de xullo
As persoas interesadas en participar este verán no programa Idiomas do Mundo 2020 deberanse inscribir en liña na web municipal a través da ficha específica "Idiomas do mundo 2020". Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante no que se lle concede un número de asignación (IDE) que será o de referencia de cada expediente no proceso.
A documentación do expediente e o xustificante da inscrición en liña deberase presentar nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de procedemento administrativo.
60 prazas
Nesta edición ofértanse 60 prazas: 37 para Irlanda, 10 para Francia, e outras 10 para Portugal, e 3 para Alemaña ou Austria.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible