Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de novembro de 2016

Aberto o prazo de presentación para o SOCIAL WEEKEND

Socialweekend é un evento dunha fin de semana onde de maneira colaborativa apoiaremos proxectos que resolvan retos sociais e axudaremos a facelos economicamente sustentables

Así será o SW A Coruña:

· Empezaremos presentando todas as ideas (anímate a presentar a túa, non hai límite de pouco ou moi desenvolvida), votaranse e formaranse os equipos de traballo.

· De sábado a domingo ao mediodía as persoas participantes desenvolverán as ideas coa axuda de mentores e con varias charlas de formación.

· O domingo a partir das 16.30 h o xurado deberá valorar as ideas finalistas que se traballaron durante toda a fin de semana.

Socialweekend está aberto tanto a emprendedores sociais que queren lanzar un proxecto, como a profesionais do ámbito social en busca de inspiración e aprendizaxe ou entidades que loitan contra os problemas sociais

A. Ven cunha idea (pouco, moito ou nada desenvolvida) e reúne un fantástico equipo para traballar sobre ela.

B. Ven sen idea para aprender moito ao unirte a outro equipo de traballo.

C. Ven si ou si para rodearte da xente máis motivada e con gana de cambiar as cousas.

Haberá moitos premios en especie como coworking, formación, servidores web etc.

Páxina web:

http://www.eventbrite.es/o/enviroo-6878058729

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión