Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de setembro de 2025

Adxudicadas as obras do novo Santa Lucía, que arrincarán antes de finais de ano cun investimento de 9,6 millóns de euros

A Xunta de Goberno Local aprobou a asignación dos traballos á Constructora San José, que será a encargada de rehabilitar o antigo mercado e construír o novo centro de saúde e o centro cívico

A alcaldesa, Inés Rey, informou esta mañá da adxudicación na Xunta de Goberno Local das obras para rehabilitar o antigo mercado de Santa Lucía, que asumirá a Constructora San José co obxectivo de remodelar o edificio para que acolla o novo centro de saúde da Falperra e tamén espazos de usos múltiples, como un centro cívico.

Os traballos, que arrincarán antes de finais de ano, terán un prazo de execución de 15 meses. Cómpre lembrar que, cando as obras saíron a concurso, estipulouse un prazo de 18. Neste sentido, un dos aspectos que máis valorou a Mesa de Contratación é que a adxudicataria se comprometeu a reducir o prazo final de execución en tres meses.

Ademais, tamén se tivo en conta o prazo de garantía das obras. A oferta presentada por San José increméntaa en dous anos por riba do mínimo establecidos nos pregos, "o que nos dará máis seguridade en termos de hipotéticas incidencias", indicou Rey.

O investimento final será de 9,6 millóns de euros, cofinanciados con fondos PIREP captados polo Concello e, ademais, tamén co apoio económico da Xunta, á que a rexedora lle agradeceu "a colaboración e boa predisposición amosadas para sentarmos na mesma mesa e que, desta forma, poidamos dar resposta a unha das principais demandas do barrio da Falperra xa desde hai máis dunha década".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión