Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de decembro de 2025

Adxudicadas as obras do primeiro parque infantil cuberto na cidade, no barrio do Ventorrillo

O investimento para remodelar a área de xogos, a carón da escola infantil, será superior ao millón de euros

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a adxudicación das obras de remodelación do parque infantil lindeiro á escola infantil municipal do Ventorrillo, que se converterá na primeira instalación deste tipo cunha cuberta integral, co obxectivo de protexer ás crianzas e ás súas familias das inclemencias meteorolóxicas.

A alcaldesa, Inés Rey, cifrou en máis dun millón de euros o investimento previsto, que executará a empresa Jardinería Arce e que, ademais de permitir a ampliación do parque, que practicamente duplicará a súa capacidade, tamén gañará accesibilidade e incorporará novos xogos inclusivos e adaptados.

O prazo para completar os traballos de renovación do parque infantil serán de nove meses, a contabilizar desde a posta en marcha das obras.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión