Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de abril de 2023

Adxudicadas as obras para remodelar o skatepark do parque de Eirís, que contará cun bowl e unha ‘skatepraza’ adaptados a máis deportes urbanos

A reforma da pista, que entrou en funcionamento no ano 2005, abrangue a creación dun pequeno xardín no treito central, que actuará como separador entre os dous sectores principais

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a adxudicación das obras da nova pista de skate no parque de Eirís, unha intervención que conta cun orzamento de 510.000 euros e que executará a empresa Seranco.

A alcaldesa, Inés Rey, explicou esta mañá os detalles da remodelación da pista, que entrou en funcionamiento no ano 2005. A previsión é adaptar a instalación a un abano máis amplio de deportes urbanos, como patinaxe, as bicicletas BMX e tamén patinetes.

"O novo skatepark de Eirís terá dous espazos principais, tal e como demandaban as usuarias e usuarios: un bowl e unha 'skatepraza'", apuntou a rexedora. En paralelo ao bowl crearase un paseo peonil, con bancos, fontes e aparcabicis. Ademais, no sector central do recinto haberá un xardín que actuará como espazo separador entre ambas as dúas zonas. O prazo de execución das obras, unha vez que se poñan en marcha, será de sete meses.

Neste sentido, a dirección de obra asignóuselle ao arquitecto Daniel Yábar, un experto nacional na materia e autor de skateparks como os de Santa Lucía en Vitoria-Gasteiz, Parque La Granja en Santa Cruz de Tenerife ou o bowl Vía Hispanidad, en Zaragoza. Tamén ideou circuítos similares en cidades como Logroño e Jerez de la Frontera, e está a ser reclamado para proxectos desta tipoloxía en países como Francia.

Inés Rey apuntou que, para a definición do proxecto de reforma do skatepark de Eirís "escoitouse e dialogouse con colectivos de skate e rollers, porque entendemos que as futuras personas usuarias da instalación deben ser parte activa e fundamental no proceso de recuperación da pista".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión