12 de abril de 2026
Case 1.400 persoas participaron nas distintas categorías da proba, que transcorreu nesta edición polo Sector 7
Antón Gómez López e Noa Mirantes Santos conseguiron a vitoria na categoría absoluta da Carreira Popular Matogrande - Xuxán, que se celebrou este domingo e congregou nas súas distintas categorías a case 1.400 persoas. A praza central de Xuxán foi o punto de encontro desde o que partiron as distintas carreiras.
"O circuíto Coruña Corre amosa unha vez máis a súa boa saúde, superando o número de asistentes do pasado ano e integrando novas zonas ás súas carreiras, grazas ao traballo do Goberno de Inés Rey por expandir este programa", indicou Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes, que participou na saída e na entrega de medallas da proba.
Ademais de Antón Gómez, na categoría masculina completaron o podio Abdelaziz Fatihi como segundo e Daniel Fuentes Bardanca como terceiro. Na categoría feminina as tres primeiras atletas foron Noa Mirantes Santos, Vanesa Hervada López e Noelia Papín Estévez. Na categoría sub-18 masculino os gañadores foron Enrique Cuiña Fernández e Alba Morales Pedreira. Na sub-16, Antón Viña López e Alba Bacariza Ramos.
Deste xeito, o circuíto Coruña Corre xa celebrou as súas dúas primeiras carreiras do ano. Nos vindeiros días está previsto que se abra a inscrición para a terceira carreira do ano, a de San Pedro de Visma do 10 de maio. Tamén en maio se celebrará a carreira dos Rosales, o día 31, antes do parón de verán.

10 de abril de 2026

8 de abril de 2026

8 de abril de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible