Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de abril de 2016

Apúntate ao "Menú do Deportista"

A quinta edición do Maratón Atlántica, que se celebrará o día 17 de abril, ofrecerá ás persoas participantes, tanto do Maratón Coruña42 como da proba 10k, a posibilidade de comer ou cear o sábado 16 de abril o “Menú do deportista”

O menú, grazas ao seu alto compoñente de hidratos, axudará ás e aos corredores a  xerar unha reserva de enerxía necesaria para afrontar a proba. O primeiro prato será espaguetis con salsa boloñesa, tuco, pesto ou aceite de oliva de acompañante; 170 gr. de peituga de polo á prancha con ensalada mixta de segundo; e de postre macedonia de froita de sobremesa, ademais do pan e a bebida. O menú, valorado en 16 euros, poderá adquirirse por 10 euros nos seguintes restaurantes da cadea Cambalache:

  • Avenida Barrié de la Maza (fronte a praia do Orzán)
  • Paseo de Ronda (preto do Estadio de Riazor)
  • Concepción Arenal (na zona de Catro Camiños)

No día da carreira,  o mesmo 17 de abril, ao finalizar a carreira, as e os corredores tamén poderán repoñer forzas con desconto nos restaurantes anteriormente citados, ademais do situado na rúa Ramón Cabanillas do Burgo (Culleredo).

Todas as persoas que participen tanto no Maratón como na proba 10k poderá beneficiarse deste Menú do deportista e dun desconto do 10% nos produtos da carta para as e os seus acompañantes presentando nos restaurantes o bono que atoparán na Bolsa do corredor,  que a organización lles entregará cando recollan o seu dorsal o venres 15 e sábado 16 de abril.

Bo proveito!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión