Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

24 de xaneiro de 2020

Benestar Social asina un convenio de colaboración con CaixaBank para o programa de emerxencia social “A flote”

A concelleira Yoya Neira mostrou a súa satisfacción por ampliaren as liñas de cooperación entre a firma e o concello e confía en que estas sexan máis sólidas e fluídas no futuro

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, e o delegado territorial de CaixaBank en Galicia, Emilio Manuel Barreiro, asinaron un convenio de colaboración na sede da Fundación Emalcsa para o programa de axudas de emerxencia social "A flote". No acto, en que tamén participou o responsable de acción social en Galicia de CaixaBank, Gonzalo Balseiro, e o director xerente da Fundación Emalcsa, Manuel Aguilar, formalizouse a aportación por parte da entidade bancaria, en colaboración coa Obra Social de "la Caixa", de 10.000 euros, que se destinarán a sufragar gastos básicos que as familias coruñesas en situación grave de exclusión non poden afrontar tanto na alimentación como nos comedores escolares e na vivenda.

A edila mostrouse moi satisfeita ao ampliaren as liñas de cooperación entre a firma e o concello e confía en que esta colaboración sexa máis sólida e fluída no futuro. A inxección económica para "A flote" frutificouse ademais na recta final de ano, xusto cando hai máis necesidades pola celebración do Nadal.

A iniciativa que Benestar Social leva a cabo xunto á Fundación Emalcsa concedeu en 2019 un total de 417 subvencións, a maioría vinculadas a alugueiros, subministros, fianzas, equipamento básico e mudanzas, por un importe de 207.000 euros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión