Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de febreiro de 2026

Bryan Adams tocará no Coliseum o 16 de novembro como parte da súa xira “Roll With The Punches 2026”

A artista gaditana Judeline tamén anunciou o seu concerto no parque de Santa Margarita o próximo 26 de agosto

Bryan Adams volve a España neste 2026 tras o éxito dos seus concertos en 2025. O canadense traerá a súa xira 'Roll With The Punches 2026' á Coruña o próximo 16 de novembro de 2026.

Despois do seu último tour, que marcou un éxito rotundo nos escenarios mundiais, Galicia, e concretamente A Coruña, será un dos territorios elixidos pola estrela mundial da música, que conta cunha lexión de admiradores na cidade.

Bryan Adams ten unha carreira que abarca máis de catro décadas de actuacións por todo o mundo e éxitos que foron número un en máis de 40 países. Por todo iso estableceuse como un dos cantantes e compositores máis aclamados do rock, cun directo enérxico e emocionante que engloba éxitos de todos os tempos. Ao longo dos anos, recibiu numerosos galardóns, entre eles un Grammy, varios American Music Awards e tres nomeamentos ao Óscar, ademais de cinco nomeamentos aos Globos de Ouro. E foi nomeado Compañeiro da Orde de Canadá.

A venda de entradas comezará o próximo 6 de marzo ás 10.00 horas no despacho de venda da praza de Oursense e través de Internet nos portais Ataquilla.com e Baila.fm. O concerto de Adams, que se realizará no Coliseum, súmase á longa oferta musical da cidade neste  ano, que inclúe a artistas como Viva Suecia, Dani Martín, Carolina Durante, Bad Gyal ou Aitana, entre moitos outros.

Tamén anunciou o seu concerto na Coruña a cantante Judeline, que actuará o próximo 26 de agosto no parque de Santa Margarita. Neste caso, as entradas sairán á venda o 3 de marzo. Judeline, natural de Caños de Meca (Cádiz), converteuse nunha das estrelas máis visionarias do pop contemporáneo, mesturando o electrónico coa tradición musical española. 

"A substancial e evidente mellora da oferta musical na Coruña é froito do esforzo do goberno de Inés Rey por converter a cidade nun referente da escena cultural nacional. Os máis grandes artistas do mundo queren tocar aquí porque saben que o púbrico é melómano e apaixoado", subliñou o concelleiro de Cultura e Turismo Gonzalo Castro.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión