Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de outubro de 2015

Caixóns e horarios de saídas de Coruña10

Un ano máis establecerase a saída segundo as marcas das e dos corredores para facilitar que poidan gozas da proba en boas condicións

A proba máis popular do trazado coruñés, Coruña10, comezará ás 10.30 horas da mañá do domingo 11 de outubro. Como vén sendo habitual na súa celebración, contará con seis caixóns de saída en función dos tempos das e dos corredores, que a súa vez corresponderanse co mesmo número de cores dor dorsais, favorecendo que tanto atletas federados coma populares poidan traballar as súas marcas e correr a competición en boas condicións.

Así, segundo as marcas, establecerase un primeiro caixón, de cor branca, para os corredores da categoría masculina que percorren os 10 quilómetros nun tempo inferior aos 35 minutos, e da categoría feminina en menos de 40 minutos. O segundo caixón, de cor laranxa, será para os atletas que o seu tempo nos 10.000 metros sexa entre os 35 e 40 minutos, e as atletas entre 40 e 45 minutos. Sucesivamente, caixóns de cor amarela (40-45 minutos homes, 45-50 minutos mulleres), rosa (45-50 min. homes, 50-55 min. mulleres) e laranxa (50-55 min. homes, 55 min.- 1 hora mulleres) agruparán ás e aos deportistas segundo as súas marcas até chegar ao derradeiro caixón, o verde, destinado a todas aquelas corredoras e corredores que superen os 55 minutos, no caso masculino, e unha hora, no caso feminino, en percorrer a distancia.

As categorías das e dos menores, que nesta ocasión contarán con 725 deportistas, tomarán a súa saída ao finalizar o peche de carreira da absoluta, ás 12.00 da mañá. Comezarán a categoría xuvenil (deportistas dos anos 1998 e 1999) cun percorrido de 2600 metros. Ás 12.15 h, a categoría cadete fará o propio seguindo o mesmo trazado. A continuación terán lugar as saídas das categorías infantís, (12.30 h feminina, 12.40 h masculina), cun traxecto de 1600 metros, e as categorías alevíns (12.50 h feminina, 12.55 h masculina) e benxamíns (13.00 h feminina, 13.05 h masculina), que percorrerán nunha soa volta de 800 metros a súa particular Coruña10.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión