26 de xaneiro de 2018
Convocatoria de solicitudes de prazas para a realización da Campaña de inverno da Deputación da Coruña, na Estación de Esquí de Cabeza de Manzaneda (Ourense), segundo as normas e bases publicadas pola devandita Deputación.
9 de febreiro
Publícase o calendario de recollida e chegadas para viaxar a Manzaneda.
Teñen o documento ao final desta páxina con toda a información.
Máis información en www.dicoruna.es/deportes.
2 de febreiro
Finalizou o prazo de matrícula para a Campaña de Inverno da Deputación da Coruña.
Máis información en Deputación da Coruña
29 de xaneiro
Finalizou o primeiro prazo de matrícula na Campaña de Inverno da Deputación da Coruña. Infórmase que desistiron 7 solicitantes.
Correspóndelles praza ás 5 persoas seguintes desde SÁNCHEZ MARTÍNEZ, IRENE a SÁNCHEZ VILLARINO, SANTIAGO (ambos os dous incluídos). Pode consultalo na seguinte ligazón
O prazo de matrícula será o xoves 1 de febreiro de 08:00 a 14:00 h nas oficinas do Palacio dos Deportes de Riazor.
En caso de non presentarse entenderase que se renuncia á praza.
Infórmase do número de conta de ingreso para o Campamento de Inverno da Deputación da Coruña, cota 85 €:
En caso de facer o ingreso nunha entidade bancaria é imprescindible facer constar que se trata dunha conta do Banco Santander "Virtual"
É importante que no concepto da transferencia aparezan os seguintes datos para poder localizalas:
Documentación:
Máis información: www.coruna.gal/deportes, Deputación da Coruña o no teléfono de Atención Cidadá 010
24 de xaneiro - Primeiro prazo de matrícula
Infórmase do número de conta de ingreso para o Campamento de Inverno da Deputación da Coruña, cota 85 €:
En caso de facer o ingreso nunha entidade bancaria é imprescindible facer constar que se trata dunha conta do Banco Santander "Virtual"
É importante que no concepto da transferencia aparezan os seguintes datos para poder localizalos:
Matrícula: realizarase o 25 e o 26 de xaneiro de 08:00 h a 14:00 h nas oficinas do Palacio de Deportes de Riazor; en caso de non presentarse entenderase que desisten da súa solicitude.
Por favor se vai renunciar á praza comuníqueo ao correo deportes@coruna.es canto antes para poder chamar a seguinte persoa da lista de espera.
Coas prazas que queden dispoñibles, procederase a chamar por orde da lista de espera, a partir do martes 30.
Documentación:
Máis información: www.coruna.gal/deportes, Deputación da Coruña ou no teléfono de Atención Cidadá 010.
22 de xaneiro - Lista definitiva de solicitantes
Publícase a listaxe definitiva de solicitantes por orde de adxudicación de prazas, pode consultala na seguinte ligazón:
A listaxe de prazas adxudicadas comeza no núm. 1 RAMA GONZÁLEZ, XIANA e finaliza no núm. 30 RUIZ LUCAS, SARA.
As persoas solicitantes comprendidas entre o núm. 31 e o núm. 297 pasan a formar parte da listaxe de espera.
Matrícula: por motivos alleos ao Concello da Coruña, modificáronse as datas de matrícula en espera da publicación do número de conta de ingreso pola Deputación da Coruña. Datas novas: anunciaranse cando nos informe a Deputación da Coruña.
Enténdese que se non presentase a documentación, renunciaría á praza.
19 de xaneiro - Letra do sorteo
Realizouse hoxe, ás 14:15 horas nas instalacións administrativas do Palacio dos Deportes de Riazor, o sorteo das letras para o primeiro e segundo apelido, da listaxe definitiva de persoas inscritas para a Campaña da Neve 2018.
Sendo as seguintes:
Primeiro apelido: Q e C
Segundo apelido: G e J
As listaxes definitivas serán publicadas o día 22.
Publícase a listaxe provisional de solicitantes para esta Campaña de Inverno - Neve 2018 da Deputación da Coruña. Pode consultala premendo na seguinte ligazón:
Prazas dispoñibles: 30
Ábrese un período de corrección de erros os días 18 e 19 de xaneiro de 2018 que se presentarán nas oficinas administrativas do Palacio de Deportes de Riazor (planta baixa).
Sorteo público: nos supostos de que despois de aplicar o criterio de preferencia aínda existan máis solicitudes que prazas vacantes, realizarase un sorteo público ante o secretario xeral do Concello da Coruña ou funcionario ou funcionaria no/na que delegue, 19 de xaneiro de 2018 ás 14.15 horas, segundo o procedemento que a continuación se describe:
As listaxes dispoñeranse en orde alfabética. Para estes efectos aclárase que as preposicións e calquera partícula en xeral que acompañen a un apelido non forman parte del.
Para establecer a orde de adxudicación sacaranse 4 letras, que se farán corresponder coas dúas primeiras letras do primeiro e segundo apelido; respectivamente. A partir da determinación da primeira persoa chamada, os seguintes faranse seguindo a dita orde alfabética.
Baseándose no disposto nos art. 49.2 in fine e 53 da Lei 20/2011, do 21 de xuño do Rexistro Civil (BOE do 22 de xullo do 2011), as preposicións e conxuncións que acompañan a un apelido non forman parte del. Para estes efectos aclárase que as preposicións, e calquera partícula en xeral, que acompañen a un apelido non forman parte del.
Publicación de listaxes definitivas: o día 22 de xaneiro de 2018
22 de decembro de 2017 - Convocatoria
As persoas participantes neste programa poderán gozarán de 4 días con aloxamento e manutención, ademais de cursos de esquí na Estación Invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense).
Idades: nacidos/as en 2003, 2004, 2005, 2006, 2007
Lugar: Estación Invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense)
Datas: do 16 ao 19 de febreiro de 2018. A entrada na estación será o venres pola mañá, (para chegar a xantar na estación), e a saída o luns despois do xantar na estación.
Prazas: serán as outorgadas e publicadas pola Deputación da Coruña.
Prezo: 85 € no número de conta que indique a Deputación da Coruña, só se fará efectivo unha vez confirmada a praza.
Lugar: Estación de Cabeza de Manzaneda (Ourense)
FORMULARIO DE SOLICITUDE DE PRAZA- Preinscrición ata o día 16 de xaneiro de 2018 ás 14:00 h - Non é necesario presentar ningunha ficha de inscrición, só cubrir os datos do formulario.
Se quere facer a solicitude en modo presencial deberá dirixirse ás oficinas da Cidade Deportiva da Torre e da Cidade Deportiva de Riazor de 08:00 a 14:00 h, no teléfono de atención cidadá 010 poderá realizar a solicitude facilitando un correo electrónico de contacto.
Extracto do procedemento de adxudicación de prazas, bases e requisitos (documento completo):
1. A preinscrición desde a data de publicación na páxina web ata o día 16 de xaneiro de 2018 ás 14:00 h. Farase en liña na páxina web de Deportes, ou presencial nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña: Palacio de Deportes de Riazor, Cidade Deportiva da Torre, e polideportivo do Barrio das Flores, desde a publicación na web municipal ata o día indicado pola convocatoria da Deputación.
1.1. Para as solicitudes de preinscrición non é necesario presentar ningún documento nin ficha, só cubrir os datos na web.
2. No caso de que se presenten máis solicitudes que prazas, procederase a asignar a orde de adxudicación da seguinte forma:
2.1. Criterio de preferencia: en primeiro lugar, terán preferencia e na orde de asignación de prazas as persoas empadroadas no Concello da Coruña, e, entre estas, as que non fosen a ningunha campaña da neve da Deputación.
2.2. Seguidamente realizarase un sorteo público, segundo se describe nas cláusulas seguintes.
3. Listaxe provisional de solicitantes (anterior ao sorteo): publicarase o 17 de xaneiro de 2018. Ábrese un período de corrección de erros os días 18 e 19 de xaneiro de 2018 que se presentarán nas oficinas administrativas do Palacio de Deportes de Riazor (planta baixa).
4. Sorteo público: nos supostos de que despois de aplicar o criterio de preferencia aínda existan máis solicitudes que prazas vacantes, realizarase un sorteo público ante o secretario xeral do Concello da Coruña ou funcionario ou funcionaria no/na que delegue, 19 de xaneiro de 2018 ás 14.15 horas, segundo o procedemento que a continuación se describe:
4.1. As listaxes dispoñeranse en orde alfabética. Para estes efectos aclárase que as preposicións e calquera partícula en xeral que acompañen a un apelido non forman parte del.
4.2. Para establecer a orde de adxudicación sacaranse 4 letras, que se farán corresponder coas dúas primeiras letras do primeiro e segundo apelido; respectivamente. A partir da determinación da primeira persoa chamada, os seguintes faranse seguindo a dita orde alfabética.
4.3. Baseándose no disposto nos art. 49.2 in fine e 53 da Lei 20/2011, do 21 de xuño do Rexistro Civil (BOE do 22 de xullo do 2011), as preposicións e conxuncións que acompañan a un apelido non forman parte del. Para estes efectos aclárase que as preposicións, e calquera partícula en xeral, que acompañen a un apelido non forman parte del.
5. Publicación de listaxes definitivas: o día 22 de xaneiro de 2018
6. Lista de espera: todas as persoas solicitantes que non obtivesen prazas pasan a formar parte da lista de espera.
7. Matrícula, formalización de inscricións: os días 23 e 24 de xaneiro de 2018 nas oficinas administrativas do Palacio de Deportes de Riazor, de 08:00 a 14:00 h., segundo as normas e documentación solicitadas pola Deputación. En caso de non presentarse entenderase que renuncia á praza, e adxudicaranse as prazas vacantes seguindo a listaxe de espera.
8. Documentación para a inscrición (segundo as bases da Deputación):
9. Non se permite a cesión a terceiras persoas da praza.
Máis información:
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible