18 de xullo de 2019
O concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento aprobou as bases para participar na campaña de vela organizada pola Deputación da Coruña, para rapaces e rapazas que naceron nos anos 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009 e 2010
Publícase a Listaxe definitiva de solicitantes do Concello da Coruña para as duas quendas da Campaña de Vela da Deputación da Coruña 2019 e o nº de conta no que facer o ingreso
Letras agraciadas no sorteo: Acta do sorteo
Lémbrase que as persoas solicitantes que deben formalizar a matrícula comezan no número 1 ata o número 20 (ambos inclusive) de cada unha das quendas . O resto de solicitantes figuran como LISTAXE DE ESPERA.
Formalización de inscricións: levaranse a cabo os días 19, 22 e 23 de xullo de 2019, en horario de 08:00 h a 13:30 h, de xeito presencial, nas oficinas administrativas do Palacio de Deportes de Riazor.
Documentación para formalizar a matrícula:
En caso de non presentarse, entenderase que se renuncia á praza, e adxudicaranse as prazas vacantes seguindo a lista de espera.
9 DE XULLO - LISTAXES PROVISIONAIS
Publícanse as listaxes provisionais de solicitantes para a Campaña de Vela 2019 da Deputación da Coruña. pódeas consultar na seguinte ligazón:
Lémbrase que se abre o período de corrección de erros de tres días naturais, dende o 10 ao 12 de xullo que se presentarán nos rexistros do Servizo Municipal de Deportes: Cidade Deportiva de Riazor, Cidade Deportiva da Torre e Polideportivo Municipal Barrio das Flores.
Ao haber máis solicitudes que prazas ofertadas procederase a asignar as prazas logo do previo sorteo público no Palacio dos Deportes de Riazor, ante o secretario xeral ou o funcionario ou funcionaria no que o delegue o día 18 de xullo de 2019, sacando dúas letras que corresponderán coas iniciais do primeiro e o segundo apelido, de tal forma que:
3.1. Seleccionarase unha primeira letra que se fará corresponder co corte do primeiro apelido, e a continuación unha segunda letra para o segundo apelido que marcará sobre o primeiro apelido un novo corte. A partir deste segundo corte, procederase a adxudicar as prazas correlativamente en orde alfabética, tendo en conta o segundo apelido ata a letra Z (se a houber), momento en que se cambiará á seguinte letra do primeiro apelido para continuar correlativamente seguindo a orde alfabética ata, se fose necesario, dar a volta á listaxe.
3.2. Segundo o disposto nos artigos 49.2 in fine e 53 da Lei 20/2011, do 21 de xuño do Rexistro Civil (BOE do 22 de xullo de 2011), as preposicións, conxuncións e calquera partícula en xeral que acompañen a un apelido non forman parte del.
3.3. En todo caso, terán preferencia na orde de asignación de prazas as persoas empadroadas no Concello da Coruña.
5 DE XUÑO - MODIFICACIÓN BASES E CONVOCATORIA
Modificáronse as bases da convocatoria CAMPAÑA DE VELA 2019
O concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento ditou unha resolución o día 5 de xuño de 2019 pola que se modificaron as bases da convocatoria CAMPAÑA DE VELA 2019.
Os cambios, respecto das anteriores, son:
1.- O requisito de empadroamento refírese á provincia da Coruña, e o empadroamento no Concello da Coruña é un criterio de preferencia na adxudicación de prazas.
2.- O sorteo público e máis a publicación da listaxe definitiva realizaranse o día 18 de xullo de 2019.
3.- A matrícula e formalización de inscricións levaranse a cabo os días 19, 22 e 23 de xullo de 2019, en horario de 08:00 h a 13:30 h, de xeito presencial, nas oficinas administrativas do Palacio de Deportes de Riazor.
Así mesmo, advírtese que as datas e mais o sistema de adxudicación de prazas que aparecen nos folletos confeccionados pola Deputación da Coruña (e que se presentarán xunto coa documentación correspondente, unha vez adxudicada a praza) non son aplicables a este concello e unicamente teñen validez os que constan nas bases aprobadas por este.
A preinscrición realizarase en liña na seguinte ligazón Fomulario de solicitude - Campaña de Vela 2019 - Deputación da Coruña , ou presencial nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña situadas na Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio de Deportes de Riazor.
Decreto e bases da convocatoria de Campaña de Vela 2019 - Deputación da Coruña (253 KB)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible