8 de xaneiro de 2017
Un home come en varios restaurantes da cidade e marcha sen pagar en ningún deles nas últimas semanas.
Sendo as 16.16 h recibiuse un aviso na sala do 092 no que se informa de que un home ausentouse dun restaurante da rúa Alcalde José Crespo López Moura sen aboar a factura do consumido e que ascendía a 32.45 euros.
A testemuña pasou a descrición física e desprazouse ao lugar unha dotación policial que o interceptou na rúa Ría do Burgo, e foi identificado como un home de 47 anos de idade e domicilio no municipio de Ortigueira, e recoñeceu que efectivamente se ausentou do restaurante sen pagar.
Os policías identificaron o responsable do negocio, o cal manifestou a intención de ir presentar a denuncia inmediatamente polo acontecido.
Os policías recoñeceron o identificado por varias intervencións similares nas últimas semanas en varios restaurantes da cidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible