Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de agosto de 2016

Convocatoria setembro 2016

Convocatoria municipal de actividades socioculturais e envellecemento activo

O prazo de preinscrición para as actividades socioculturais dos centros cívicos será do 1 ao 3 de setembro e para o programa de envellecemento activo, do 21 ao 23 de setembro.

ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS NOS CENTROS CÍVICOS

Os centros cívicos municipais ofertan un amplo catálogo de actividades socioculturais que se realizarán de setembro a decembro de 2016.
A programación contempla actividades de lecer, de estimulacion mental, fomento de hábitos saudables, actividades artísticas etc. Hai actividades para todas as idades: infancia, mocidade, maiores, e tamén se realizan actividades en familia.

Nesta convocatoria tamén haberá actividades específicas para menores con necesidades educativas especiais.

Preinscrición

1, 2 e 3 de setembro (xoves, venres e sábado), en horario de 10.30 a 13.30 h e de 17.00 a 20.30 h

Sorteo público

Sábado 3 de setembro ás 20.45 h

Exposición de listaxes de admisións e reservas

Xoves 15 de setembro. As listaxes poderanse consultar no centro cívico onde se solicitou a actividade, no Teléfono de Información Cidadá 010 e nesta páxina web.

Inscrición

Días 20, 21 e 22 de setembro (martes, mércores e xoves), en horario de 10.30 a 13.30 h e de 17.00 a 20.30 h

A inscrición definitiva nas actividades farase efectiva coa presentación, no centro cívico, do documento bancario acreditativo do aboamento do prezo público. Este trámite deberase realizar dentro do prazo e horario indicados anteriormente e, de non ser así, perderase o dereito para participar nas actividades.

PROGRAMA ENVELLECEMENTO ACTIVO

Contempla accións gratuítas de carácter preventivo, de promoción e participación social, dirixidos a persoas maiores de 55 anos.

Este programa está cofinanciado pola Deputación da Coruña.

Inscrición

Días 21, 22 e 23 de setembro (mércores, xoves e venres), en horario de 10.30 a 13.30 h e de 17.00 a 20.30 h

No caso de haber máis solicitudes que prazas, procederase a realizar un sorteo público.

As actividades do programa de envellecemento activo realizaranse nos centros cívicos de: Elviña, A Silva, Pescadores, Santa Margarida, Rosales, Cidade Vella, Monte Alto, Palavea, Labañou, Novoboandanza, Feáns e San Pedro de Visma.

Nas seguintes ligazóns pódense consultar as actividades socioculturais e do programa de envellecemento activo (dirixidas a maiores de 55 anos cofinanciadas pola Deputación da Coruña) que se ofertan en cada centro cívico.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión