16 de xuño de 2026
Para maiores de 16 anos que se acheguen por primeira vez ao galego
Con inscrición a través de correo electrónico
O Concello da Coruña, a través do Servizo de Normalización Lingüística, está adherido á Rede de Dinamización da Lingua, da Xunta de Galicia.
A través da Secretaría Xeral da Lingua, e xestionado polo gabinete provincial, no Concello da Coruña organizarase este verán un curso gratuíto de achegamento á lingua galega, co fin de favorecer un maior emprego do noso idioma propio e poñer en valor as accións para prestixiar e atraer a xente cara ao galego, especialmente as dirixidas ao alto número de persoas provenientes do exterior.
O curso realizarase en modalidade presencial e terá unha duración de 20 horas, tras as que se entregará un diploma que emite a propia Xunta de Galicia.
O alumnado contará con material didáctico.
O prazo de inscrición manterase aberto ata que se cubran as prazas por orde de solicitude.

17 de xuño de 2026

17 de xuño de 2026

16 de xuño de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible