17 de abril de 2015
Continúa o noso II Itinerario Formativo para emprendedoras e emprendedores
Obxectivos
O obxectivo do curso é fundamentalmente transmitir os elementos máis relevantes dun plan de márketing e o modo de aplicar os principios básicos do márketing a calquera negocio.
Contido do programa
- O Plan de Márketing
- Estudo de mercado. Análise da empresa e da contorna.
- O DAFO como resumo da análise do mercado e fonte de conclusións.
- Márketing estratéxico
- Márketing operativo- O Márketing relacional: o cliente como centro dunha relación duradeira.
RelatorXosé Luis Reza, licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola USC, MBA pola Escola de Negocios NCG e Master en eBusiness pola Universitat Politècnica de Catalunya. Desenvolveu toda a súa carreira en diversas responsabilidades de Márketing e Comercialización en compañías como R Cable e Telecomunicacións Galicia, Fundación Semana Verde, Grupo Tecam e La Voz de Galicia. Na actualidade é socio consultor de Iuni consulting e presidente de Markea (Asociación Galega de Márketing), ademais de Delegado en Galicia do Foro de Marcas Renombradas Españolas.

29 de novembro de 2025

25 de novembro de 2025

23 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible