Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de maio de 2026

David Pintor repasa os seus mellores traballos cunha mostra retrospectiva no Kiosco Alfonso

O ilustrador e debuxante coruñés presentou ‘Trazos’, que conta tamén con obras inéditas feitas para a ocasión

O Kiosco Alfonso acolleu este mércores a apertura da mostra 'Trazos', do debuxante e ilustrador coruñés David Pintor. Trátase da primeira gran exposición que realiza o coruñés na súa cidade e supón unha retrospectiva dos seus 30 anos de carreira profesional, con obras de diferentes tipoloxías e formatos. O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, acompañou ao autor no acto de apertura e sinalou que "o Goberno de Inés Rey continúa a amosar con esta exposición a alta estima que ten polos creadores da cidade, que ocupan un espazo central da nosa programación cultural".

Nesta mostra o debuxo invade os espazos nas súas diferentes formas: caricaturas, deseños de produto, ilustración editorial, publicidade, ilustración infantil ou debuxos de viaxes. Un percorrido por máis de 30 anos de profesión onde o artista galego reivindica a importancia do debuxo como manifestación artística e comunicativa e demostra a súa versatilidade e as grandes posibilidades que ten esta arte.

A caricatura ten un grande protagonismo neste percorrido profesional. Poderanse ver máis de 30 caricaturas realizadas cunha intención artística e un firme propósito de dignificar esta disciplina. "David Pintor representa o mellor da ilustración galega e esta mostra fai xustiza e achega á cidadania o esplendor do seu traballo, no que o debuxo se converte nun xeito de mirar o mundo dunha maneira diferente", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

'Trazos' é unha mirada ao pasado, a traballos que o artista ten feito para diferentes clientes ao longo dos últimos anos, pero tamén é unha mirada ao presente e ao futuro, xa que se poderán ver unha serie de obras orixinais feitas expresamente para esta ocasión. Debuxos inéditos que ven a luz por vez primeira, nos que David Pintor inicia un camiño de experimentación baseado na liberdade o xogo e a intuición. Unha parte do Kiosco Alfonso estará ocupada por este material, estruturado en varias series dedicadas a Picasso, á música, á danza, á guerra ou á paisaxe.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión