Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de decembro de 2020

Día dos Dereitos Humanos

O Día dos Dereitos Humanos celébrase cada ano o 10 de decembro, día en que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou, en 1948, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

A UNESCO é a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura e que trata de establecer a paz mediante a cooperación internacional en materia de educación, ciencia e cultura. Os programas da UNESCO contribúen ao logro dos obxectivos de desenvolvemento sustentable, definidos no Programa 2030, aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 2015.

En decembro de 1948, a UNESCO foi o primeiro organismo das Nacións Unidas que situou a Declaración Universal dos Dereitos humanos no centro de toda a súa acción, para promovela en todo o mundo a través da educación e os medios de comunicación.

Hoxe celébrase o Día dos Dereitos Humanos porque foi ese mesmo día de 1948 cando a Asemblea xeral das Nacións Unidas proclamou en París a súa Declaración como un ideal común para todos os pobos e nacións.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión