Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de novembro de 2015

O alcalde da Coruña pídelle á Xunta e ao Goberno estatal “que fagan os deberes” e presten apoio aos e ás traballadoras do cerco

“O Concello tratará de visibilizar o seu compromiso co sector e levalo ata o Pleno”, dixo Xulio Ferreiro, tras reunirse con representantes da Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga)

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, pediu hoxe a Xunta e a Goberno estatal “un maior compromiso” coa problemática do sector pesqueiro e, en especial, cos e as traballadoras do cerco. Así o manifestou tras recibir no Pazo de María Pita a unha comitiva da Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga).

“Na xuntanza tratamos a problemática do sector do cerco, as súas reivindicacións e o momento crítico que viven, que é estensible ao de todo o sector no resto de Galicia. A pesca é moi importante na cidade e tiña que selo máis, polo que o Concello está moi preocupado por esta situación. O cerco forma parte dese sector, que repercute na vida económica e na creación de emprego na cidade”, explicou tras a xuntanza.

“Dende o Concello pedimos unha maior implicación das administracións competentes, en primeiro lugar da Xunta de Galicia, que cremos que non está a prestar suficiente apoio aos e as pescadoras, tanto no caso do cerco como no resto do sector. Non se están a facer os deberes”, aseverou o rexedor. “Por outro lado, tamén lle pedimos máis compromiso do Goberno do Estado español. Cremos que tiña que ser moito máis firme en Bruxelas coa defensa dos sectores estratéxicos para o país. Hoxe falamos de pesca, pero onte falabamos do leite”, engadiu.

Ante esta situación, o Concello “tratará de visibilizar o máis posible o seu apoio ao sector do cerco e intentará levalo ao Pleno Municipal para conseguir un pronunciamento de toda a Corporación”.

Na liña das declaracións do alcalde, un dos representantes de Acerga, Marcos Alfeirán, manifestou: “Parécenos unha burla por parte do Goberno central e por parte da Xunta, que non nos prestan o compromiso que nos deberían prestar. Promesas xa houbo no pasado, e sempre saímos mal parados”, explicou.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión