Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de setembro de 2015

Máis de 1.000 directivos e directivas reuniranse na cidade entre os días 5 e 6 de outubro con motivo deste evento, que terá lugar en Palexco

O alcalde da Coruña pide ao empresariado remar en función dos intereses colectivos, na presentación en María Pita do Congreso de Directivos CEDE

A cidade séntese orgullosa de poder acoller un evento deste nivel, pero se sentirá máis orgullosa dos beneficios sociais que a nivel global poidan saír deste evento, dixo Xulio Ferreiro

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, pediu este mércores ao sector empresarial  “un compromiso coas dificultades da xente que é, á vez, unha forma de conexión coa sociedade que tamén se transforma en beneficio para as súas empresas”. Así o manifestou, no Pazo de María Pita, na presentación do Congreso de Directivos CEDE (Confederación Española de Directivos y Ejecutivos), que se desenvolverá entre os días 5 e 6 de outubro, e que achegará á cidade a máis de 1.000 directivos procedentes de todo o mundo, así como a destacados persoeiros da vida económica e política.

“Tratase dun evento de primeira liña que insiste nun concepto que este concello considera irrenunciable: o da Coruña como cidade de vangarda, cidade activa e referencial e cidade na que se debate, na que se comparten ideas e na que a participación e a opinión dos distintos sectores, en pé de igualdade, constrúe un tecido cidadá plural que ten no benestar o seu principal obxectivo”, declarou o alcalde. “Unha cidade, un país, un estado mellor, onde todos rememos en función dos intereses colectivos axuda a todos e a todas, polo que seguro que neste Congreso, máis alá de cuestións máis propias da actividade das persoas que reúne á CEDE, se tratará esa actitude social e comunitaria que debe estar á altura dos tempos e que, á vez,  dote de maior impulso á actividade empresarial”, manifestou.

“A Coruña séntese orgullosa de poder acoller un evento deste nivel, e se sentirá aínda máis orgullosa dos beneficios sociais que a nivel global saian do saber compartido que esta cidade acollerá grazas ao Congreso de CEDE”, indicou.

Pola súa banda, Ramón Adell, vicepresidente de CEDE, destacou que “o próximo 6 de outubro, A Coruña converterase na capital dos directivos de toda España”, á vez que fixo fincapé na “facilidades e hospitalidade recibida por parte da cidade”. “O aforo para poder participar neste acto está xa completo, o que nos chea de satisfacción”,indicou. “Queremos que este sexa o congreso do pluralismo e a responsabilidade xa que, quizais dende 2007, este sexa o primeiro evento no que parece que comeza a albiscarse a luz ao final do túnel, e existen indicadores de recuperación económica. Por iso, neste momento, e cando maior ten que ser a responsabilidade por parte do empresariado e dos directivos, para crear máis emprego, con máis empresas e máis traballadores”, declarou. O empresario tamén manifestou que un dos obxectivos do CEDE neste Congreso é poñer en valor aoas mozos e mozas estudantes, que deben afrontar o inicio da súa carreira profesional. “Hai que contribuir e tratar de solucionar os problemas sociais e económicos”, indicou, á vez que anunciou que,  de forma paralela á xornada de directivos, entre os días 5 e 6 terá lugar un encontro de mozos e mozas denominado Talento en Crecimiento.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión