Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de xaneiro de 2016

O alcalde da Coruña saúda a entrada do novo reitor da UDC e insiste na necesidade "de manter e afondar na colaboración entre Concello e Universidade"

Xulio Ferreiro, que asistiu á investidura de Julio Abalde, recoñeceu o labor desenvolvido polo equipo saínte, liderado por Xosé Luis Armesto

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, asistiu este martes ao acto de investidura de Julio Abalde como novo reitor da Universidade da Coruña (UDC), nun acto celebrado no Paraninfo. O rexedor quixo facer un recoñecemento ao labor desenvolvido polo equipo saínte, liderado por Xosé Luis Armesto, así como desexou “toda a sorte aos entrantes”. O primeiro edil da Coruña, profesor de Dereito Procesual da propia UDC, destacou a importancia de que Concello e Universidade manteñan unha relación fluída e colaborativa. “É moi importante non só manter, senón afondar, na gran relación que agora teñen estas dúas institucións e que se debe plasmar na cooperación en todos os ámbitos posibles”, indicou.

Ferreiro recordou que “a Universidade, como non nos cansamos de dicir dende este Goberno, é un dos grandes motores da Coruña”. Neste senso, o rexedor recordou que “precisamente por esa condición, e pola importantísima labor que desenvolve, a UDC debe contar co apoio institucional suficiente”. “Non podemos permitir que se apliquen recortes neste ámbito, nin que se furte á cidadanía o dereito a un ensino público de calidade”, recordou.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión