Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xaneiro de 2016

O alcalde destaca "o traballo que o Goberno local está a desenvolver con entidades culturais e sociais con motivo do centenario do nacemento das Irmandades da Fala"

Xulio Ferreiro, que participou na entrega do premio xornalístico Pérez Lugín, ofreceu aos e ás profesionais dos medios de comunicación toda a súa colaboración "xa que atender aos medios é unha forma de transparencia e diálogo coa cidadanía, nunca un incordio"

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participou a tarde deste xoves na entrega do premio xornalístico Pérez Lugín, que cumpre a súa LXXV edición organizado pola Asociación da Prensa da Coruña. Este ano, o galardón, que recaeu sobre o xornalista Jorge Pan Garea, estaba adicado á figura das Irmandades da Fala e a Antón Vilar Ponte. No acto, celebrado no Pazo de María Pita, o rexedor destacou que, con motivo do centenario do nacemento das Irmandades na Coruña, que se cumprirá en maio deste ano, o Goberno local “está a preparar con especial mimo a tarefa de divulgación da figura das Irmandades”. Así, “o Concello xa está a traballar con diversos actores e institucións do ámbito social e cultural, como a Real Academia Galega, que teñen moito que aportar”.

“A decisión da Asociación da Prensa da Coruña de centrar esta edición do Pérez Lugín nas Irmandades da Fala é todo un acerto, e entronca coas actividades que esta a preparar o Concello con motivo do centenario do seu nacemento. Actividades lúdicas, didácticas, divulgativas, que poñen en valor a nosa historia e a nosa memoria, como o feito de incorporar ao rueiro a figura de Antón Vilar Ponte, nun acto que terá especial simbolismo”, indicou o primeiro edil.

Nesta mesma xornada, o alcalde tamén acudiu ao tradicional cocido que celebra a Asociación da Prensa da Coruña nestas datas. Nesa xuntanza, destacou, á respecto da profesión xornalística, que “non hai democracia sen información libre, como tampouco pode existir unha democracia plena sen igualdade nin traballo digno”. Ao fío disto, Ferreiro salientou que “entre os e as profesionais dos medios de comunicación estase a dar unha terrible precariedade”. “É un problema que dificilmente poderemos resolver dende un concello”, indicou, aínda que ofreceu as e aos traballadores “todo o apoio e a disposición do Goberno local a colaborar” dentro das súas posibilidades.

“Dentro das miñas posibilidades, sabedes que estou á vosa disposición, e que dende o primeiro día asumín que atender aos medios é unha forma de transparencia e diálogo coa cidadanía, nunca un incordio”, dixo.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión