28 de xaneiro de 2017
O Goberno local proxecta un aparcadoiro de 200 prazas que dea cobertura tanto aos e ás usuarias dos campos deportivos de Visma como aos e ás pais e nais do centro educativo dos Fortes
O Centro Cívico dos Rosales acolleu esta mañá unha nova edición dos encontros participativos entre o alcalde, Xulio Ferreiro, e o resto de concelleiros e concelleiras do grupo de Goberno coa cidadanía. O rexedor explicou que entre os proxectos que o Executivo ten previsto acometer no barrio está a construción dunha pérgola na Praza Elíptica de forma que a veciñanza poida ter un espazo cuberto pero, á vez, aberto ao aire libre, que facilite a convivencia e o encontro, así como a celebración de diversa actividades. "Este tipo de actuacións están dentro da filosofía deste Executivo, e nos interesa que estean situadas en zonas centrais dos barrios, non segregadas, de forma que se facilite o seu uso. Esta cuberta non invadirá nin cubrirá as vistas, pero facilitará levar a cabo actividades baixo acubillo, como proxeccións, mercadiños, etc", destacou o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela.
Do mesmo xeito, o alcalde tamén destacou as obras previstas na Praza da Tolerancia, para, de cara á primavera, ter listo un novo espazo infantil, que se proxectou en base a un traballo colaborativo entre o departamento de Rexeneración Urbana e un colectivo non organizado de nais e pais da contorna. Por outro lado, Ferreiro salientou as actuacións previstas no parque de Visma, para facer del un parque aberto, que sirva como espazo de lecer e de conexión entre os barrios. "A intención do Goberno é que sexa nun espazo totalmente transitable, un parque aberto que abra camiños entre a zona de San Pedro de Visma e Os Rosales", comentou. "Hai cousas que non estaban no proxecto orixinal e que imos incluír, como é o caso dunha zona infantil, á vez que al, Silvia Cameán, fixo fincapé na "inversión histórica que o pasado ano acometeu o Concello para a reparación e mantemento dos centros educativos da cidade", un investimento que se mantén "moi destacado" no proxecto orzamentario para este ano. A responsable municipal quixo salientar a disposición do Concello de actuar no CEIP da Normal, que xa visitou en varias ocasións, "cousa que fará e así prevé no momento no que Xunta e Universidade convenien a titularidade desta infraestrutura". "Volveremos instar a estas dúas institucións para que axilicen as súas conversas no que ten que ver con este centro educativo", engadiu.
Noutra orde de asuntos, Varela indicou que tras conseguir o Concello, mediante conversas cunha compañía de telefonía, que deixase de funcionar a antena eléctrica situada na Estrada dos Fortes --medida historicamente demandada pola veciñanza da zona-- a intención do Goberno local é "conseguir que sexa retirada". "Estamos en conversas e non descartamos, se chega a ser necesario, iniciar un expediente de execución forzosa", comentou. Por outro lado, a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, explicou que elaboración dos novos pregos para o servizo de canguraxe --tamén o que atinxe ao servizo de canguraxe á domicilio-- serán revisados de cara á finalización do contrato actual "para ampliar máis os servizos que se dispoñen dende o Concello para a atención de menores con diversidade funcional".
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible