Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de decembro de 2015

O alcalde salienta na presentación da web Memoria do Cárcere que "non hai verdadeira recuperación sen o recordo das vítimas, sen a reconstrución da rebeldía"

Xulio Ferreiro recordou, no acto celebrado na Casa Museo Casares Quiroga, a figura de Alfredo Suárez Ferrín, ex alcalde da Coruña, asasinado no ano 1936

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participou esta tarde na presentación da web Memoria do Cárcere, na Casa Museo Casares Quiroga, e na que colaboran a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e Proxecto Cárcere. O rexedor saudou a iniciativa, á vez que recordou que o Goberno local, así como outras entidades que traballan a prol da recuperación da memoria, “estamos a retomar o traballo feito por moitos homes e moitas mulleres xenerosas na restauración da memoria histórica do rueiro”. “Primeiro esquecendo a Millán Astray, para citarnos, para sempre, na Praza das Atochas. Despois, rendéndolle tributo ao ilustrador Álvaro Cebreiro onde antes lle puxeran unha rúa e unha praza, ahora de San Andrés, ao General Mola. E esta mesma tarde, aquí ao carón, recuperando o antigo nome da rúa do Socorro, nunca máis Juan Canalejo”.

 

O rexedor coruñés salientiou. “Por desgraza, non acaba aquí a nosa débeda. Nin o fará cando rematemos, o vindeiro mes de xaneiro, de desaloxar o franquismo do rueiro. Non hai verdadeira recuperación sen o recordo das vítimas, sen a reconstrución da Coruña rebelde que nos roubaron, sen coser de novo o que a barbarie descoseu no século XX: os fíos da solidariedade e da democracia nesta cidade de valores e avanzada cultural”.

Na súa intervención, o primeiro edil coruñés quixo destacar, a este respecto e de forma especial, a figura de Alfredo Suárez Ferrín, alcalde en dúas ocasións durante o tempo da II República, e asasinado en 1936, no Campo da Rata. “Contan que a Suárez Ferrín prendérono na súa casa de Rego de Auga e que botou dez días no cárcere a agardar por un indulto que nunca chegou. Contan que os soldados erraron a mantenta o disparo porque non querían matalo. O que non conta é que Suárez Ferrín volve nos días alegres e históricos desta cidade, como a toupa teimuda da historia con fame de mundo”, rematou Ferreiro.

Na presentación da web tamén participaron, entre outras personalidades e expertos en materia de Memoria Histórica, o neto do ex alcalde Suárez Ferrín, Alfredo Suárez, o historiador Luis Lamela, así como representantes da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica e o Proxecto Cárcere.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión