13 de abril de 2016
A mostra de pintura da artista coruñesa poderá verse na Sala de Exposicións do Pazo de María Pita até o 29 de maio en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participou esta tarde na inauguración da mostra de pintura Luz nas Pálpebras da artista coruñesa Marita Carmona e que estará aberta ao público na Sala de Exposicións do Pazo de María Pita ata o 29 de maio, en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas todos os días.
O rexedor destacou que un dos seus desexos dende que tomou posesión do seu cargo, hai dez meses, "é que o Pazo de María Pita sexa visto por toda a cidadanía como un lugar de todos e de todas, máis alá dun mero edificio administrativo". “Un lugar que, ao ser de todos e de todas, tamén dea cabida a todo tipo de expresións e, entre elas, e nun lugar sinalado, as culturais”, engadiu. Desta forma saudou á inaugración da exposición de Marita Carmona, “artista que é exemplo da calidade creativa desta cidade, peza fundamental doutro dos obxectivos de este Goberno local que pasa por poñer en valor o grande potencial artístico que hai na Coruña”.
En Luz nas Pálpebras, a autora opta por facer retratos nos que elimina a parte máis susbtancial da faciana: os ollos. Os e as modelos dos seus retratos os manteñen pechados. “Os ollos están, pero a mirada está dirixida ao interior de cada un deles e delas. Con iso, a artista convídanos a facer algo fundamental e que estamos a perder nestes tempos de rapidez, como son a reflexión e a restrospectiva”.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible