Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O alcalde pon en valor o dereito do menor e o papel da mediación durante a inauguración das Xornadas de Dereito de Familia
Ferreiro lamenta que o "superior interese" dos fillos e fillas sexa usado como "moeda de cambio" nos procesos de divorcio e avoga pola introdución de "novas formas de aplicar o dereito" neste eido
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, foi o encargado de inaugurar na mañá deste venres as Xornadas de Familia que organiza o Colexio de Avogados e o Consello da Avogacía Galega, cunha intervención onde o rexedor incidiu no papel dos e das menores nestes procesos xudiciais, e onde avogou por ter en conta os seus dereitos. “Nos preitos vemos como, lamentablemente, o interese superior dos e das menores non sempre se ten en consideración, e como son utilizados como moeda de cambio, como centro dunha guerra onde se esquece o seu dereito para intentar patrimonializalo”, lamentou Ferreiro, que apostou por “introducir formas novas de aplicar o dereito no Dereito de Familia” e lembrou a importancia da mediación neste campo.
O alcalde tocou outros temas aos que atinxe o Dereito de Familia, como as cuestións económicas, ou da violencia sobre a muller nas relacións de parella, que están presentes no programa das Xornadas, onde se falará, entre hoxe e mañá, de asuntos como a mediación, o papel das novas tecnoloxías e as redes sociais no Dereito de Familia, a liquidación das sociedades de gananciais ou o a custodia. Neste sentido, o rexedor animou aos e ás participantes a “compartir coñecementos e experiencias”.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible