Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de febreiro de 2017

O alcalde realizará unha visita institucional a Dublin para “estabelecer lazos entre ambas cidades” dado “os vínculos históricos, e o aumento de visitantes procedentes de Irlanda”

O primeiro edil coruñés viaxará á capital da república irlandesa entre os días 2 e 5 de marzo, acompañado polo concelleiro de Emprego, e presidente do Consorcio de Turismo, Alberto Lema. Están previstas reunións tanto co alcalde de Dublin, como con responsables da Oficina Exterior de Turismo, aeroliñas e a Irish Society of St. James, de cara á promoción do Camiño Inglés

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, realizará unha visita de carácter institucional a Dublin, capital da República de Irlanda, que se desenvolverá entre os días 2 e 5 de marzo, co obxectivo de "estreitar lazos entre ambas cidades", tendo en conta os seus vínculos históricos, así como o aumento de visitantes procedentes deste territorio. O rexedor, que acudirá acompañado polo concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, quen tamén é presidente do Consorcio de Turismo da Coruña, destacou "as oportunidades que xorden para ambas cidades" a raíz, entre outras cuestións, da concesión o pasado ano da Compostela, por parte do Cabildo da Santiago, ás persoas que realicen o denominado Camiño Inglés.

Está previsto que a delegación coruñesa, encabezada por Ferreiro, visite o concello de Dublin, onde manterá unha xuntanza de traballo con primeiro edil da cidade, Brendan Carr, así como manteña encontros coa responsable da Oficina Exterior de Turismo (OET) en Dublin, Teresa Gancedo, e co embaixador español na zona, José María Rodríguez Coso. A expedición tamén ten prevista outro encontro con persoal directivo da aeroliña Air Lingus.

De cara á promoción do Camiño Inglés, o alcalde e o concelleiro de Emprego levarán a cabo unha presentación tanto da histórica ruta peregriña como da cidade da Coruña ante a Irish Society of St. James, unha das asociacións irlandesas de "amigos do Camiño". Esta visita institucional parte dos contactos que o Concello da Coruña xa avanzou na pasada edición da Feira Internacional de Turismo (Fitur), celebrada en Madrid, onde o concelleiro Lema destacou que "o turismo tanto de Irlanda como de Reino Unido está comezando a apostar dentro do Estado por novos reclamos, como os espazos verdes e o norte". "O pasado ano viñeron ao Estado español 1,8 millóns de visitantes dende as illas, que gardan fortes lazos históricos e simbólicos con Galicia e coa Coruña, algo que é preciso aproveitar", dixo.

Fútbol Gaélico

"A estratexia de promoción con Irlanda non só se centra no Camiño Inglés, senón tamén nos vínculos sentimentais e culturais entre ambas zonas", dixo. Ao fío das oportunidades e conexións entre A Coruña e Irlanda, a comitiva coruñesa tamén manterá encontros e visitas con clubes de fútbol gaélico, "dado ademais o potencial que está a amosar A Coruña neste deporte".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión