Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xaneiro de 2017

O Concello abordará no primeiro trimestre deste ano o proxecto para transformar o antigo cárcere provincial “nun espazo para a cidadanía” e poder comezar as obras iniciais

O alcalde, Xulio Ferreiro, explicou nunha visita ao antigo penal que “nunha primeira fase se abordarán traballos de acondicionamento e reparación dunha parte dos espazos da histórica infraestrutura, de cara a poder comezar na primavera a desenvolver actividades”. O rexedor destacou o especial simbolismo dunha xornada de apertura de portas “onde se cumpre unha reivindicación da cidadanía”

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, acompañado do concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, e outros membros do Goberno local, visitou esta xornada as instalacións do antigo cárcere provincial, unha vez que o Concello asinou un convenio coa Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penitenciarios SIEP, dependente do Ministerio de Interior, polo cal vén de obter a cesión do dereito de uso de solo da parcela na que se ubica esta histórica infraestrutura de xeito "gratuíto e temporal", co obxecto de poder destinar o inmoble a usos sociocomunitarios e á realización de actividades culturais. O rexedor indicou ante a prensa, que foi invitada a percorrer as instalacións, que a intención do Executivo municipal é poder iniciar as obras de remodelación e acondicionamento dalgúns dos espazos do inmoble xa nesta primeira parte do ano, de forma que poida estar aberto ao público na primavera. "Vimos hoxe a visitar este cárcere provincial, despois de moito tempo de negociacións que por fin frutificaron nese acordo asinado recentemente e que posibilitará a apertura deste espazo á cidadanía e ao barrio", comentou o rexedor, que fixo especial fincapé "no especial simbolismo dunha xornada na que se abren as portas dun complexo con un gran significado histórico, e se cumpre unha antiga reivindicación da cidadanía". "O proxecto de apertura comezará a andar no primeiro trimestre deste ano, e terá que ver con ese traballo de tanto tempo que desenvolveu o colectivo Proxecto Cárcere. Estamos a falar con eles para articular un espazo que terá un uso comunitario e socio-cultural, á vez que unha adicación especial á recuperación da memoria histórica", dixo. "O que pretende facer agora desde o Concello da Coruña é acometer o proxecto e iniciar as obras principais de rexeneración, de cara a frear o deterioro desta instalación, e asegurarnos de que existan unhas primeiras zonas que xa poidan estar abertas ao público no entorno da primavera", relatou.

"Agora mesmo estamos estudando como abrir este espazo á cidadanía dunha forma participativa", engadiu o alcalde, quen insistiu no aproveitamento de todo o traballo desenvolvido por Proxecto Cárcere. "A nosa folla de ruta pasa por ter rematado o proxecto a finais do mes de febreiro para, a partir de aí, comezar a executar as obras, que terán que ver fundamentalmente, e nas fases iniciais, coa cuberta do edificio, de cara a evitar humidades e outras cuestións semellantes, así como garantir o acondicionamento dos espazos que imos visitar", comentou. O convenio asinado co SIEP establece que para acometer as obras iniciais de conservación e mantementos esenciais, ambas administracións, a dependente de Interior e o Concello, establecerán un financiamento de 300.000 euros (150.000 cada institución).

Ao longo da visita --na que tamén estiveron presentes membros do colectivo Proxecto Cárcere, da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, e tres persoas que estiveron presas no penal, como son a activista Celsa Díaz Cabanela e o sindicalista Suso Díaz-- o concelleiro de Rexeneración Urbana indicou que na primeira fase de actuacións, o Concello aposta "por abordar a reparación da cuberta de todo o complexo, para despois habilitar e facer accesible a zona de acceso e o vestíbulo, así como o patio anexo que existe, co que habería posibilidades xa nesta primeira fase de poder realizar actividades, tanto nunha zona exterior como interior".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión