2 de febreiro de 2018
Os membros do goberno local e representantes do resto da corporación local e do Parlamento galego, xunto con veciñas e veciños da cidade, acompañaron á familia e persoas achegadas de Merino nun acto civil que pechou as honras fúnebres no pazo de María Pita.
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e os concelleiros e concelleiras do goberno local participaron este venres na homenaxe celebrada no pazo de María Pita en recordo de Domingos Merino, o que foi rexedor da Coruña entre 1979 e 1981, falecido o pasado mércores. O acto, no que tamén estiveron presentes familiares e persoas achegadas do ex-rexedor, así como representantes de todos os grupos da corporación local e do Parlamento de Galicia e veciñas e veciños da cidade, pechou as honras fúnebres desenvolvidas ao longo do día en María Pita, onde se emprazou a capela ardente desde a mañá.
Na homenaxe interviñeron, xunto con Xulio Ferreiro, Sabela Vázquez Fandiño, Xesús Viega Buxan e Lourenzo Fernández Prieto.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible