Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xaneiro de 2018

O Concello acometerá desde o vindeiro luns a renovación do pavimento de diversas beirarrúas no barrio de Novo Mesoiro

O concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, sinala que a medida, na que o goberno local investirá 100.000 euros, “garantirá unha longa durabilidade do firme”

A Concellería de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda iniciará o vindeiro luns, 29 de xaneiro, unha campaña de obras de substitución do pavimento de diferentes beirarrúas en varias rúas do barrio de Novo Mesoiro. A actuación, na que o Concello da Coruña investirá 100.800 euros, suporá a reparación dos danos nos treitos de beirarrúa situados en 24 entradas a garaxes cuxas baldosas están danadas. A intervención, segundo sinala o edil Xiao Varela, está dirixida " substitución das baldosas que se desprenderon ou que están rotas".  A adopción da solución técnica proposta polo goberno local para a intervención "veu da avaliación das anteriores campañas de reparación do pavimento destas vías", segundo apunta o concelleiro. A primeira, que tivo lugar entre marzo e abril de 2016, contabilizou 26 actuacións, mentres que na segunda, que se realizou en 2015, case todas as intervencións consistiron en novos arranxos das xa reparadas en 2013. "Nos treitos de beirarrúa coas entradas de garaxe danadas substituirase o pavimento de balsosas por outro de formigón in situ", informa Varela, que avanza que con esta medida "quedará garantida unha longa durabilidade do firme para o paso do tráfico que entra e sae das vivendas".

En canto á orde de execución dos traballos, que comezarán o día 29 e que se desenvolverán durante aproximadamente dous meses en función das condicións meteorolóxicas, comezarase polos primeiros números da rúa Fragas do Eume. De seguido, as intervencións continuarán pola rúa Ribeira Sacra --neste caso avanzando no sentido inverso ao de numeración dos portais-- para proseguir, finalmente, pola avenida de Novo Mesoiro. Tal e como destaca Varela, a coordinación do avance das obras realizaranse "dacordo coa veciñanza, para tentar reducir ao mínimo as posibles molestias que se poidan ocasionar durante os traballos".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión