Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de xaneiro de 2017

O Concello activa este xoves un dispositivo especial de mobilidade con motivo da Cabalgata de Reis

O traxecto da comitiva, que estará conformada por 13 carrozas, ademais da de bombeiros, e catro trens turísticos, provocará que o estacionamento quede restrinxido a partir das 08.00 horas na Ronda de Monte Alto, mentres que as prohibicións de aparcamento na Avenida de Hércules, Orzán, San Andrés e Santa Catalina serán ás 14.00 horas

O Concello vén de activar o dispositivo especial de mobilidade e seguridade de cara á celebración, o próximo día 5, da Cabalgata de Reis, que este ano varía o seu percorrido co obxectivo de que ao longo das próximas edicións se visiten todos os barrios da cidade. Nesta ocasión, a comitiva partirá ás 18.00 horas da tarde da Ronda de Monte Alto (en concreto da glorieta onde conflúe a Avenida de Hércules e a rúa Alcalde Sanjurjo) para discorrer logo pola Avenida de Hércules, rúa da Torre, Panadeiras, Orzán, San Andrés, Santa Catalina, Cantón Grande, Avenida da Mariña e Montoto, e rematar na Praza de María Pita. A cabalgata estará composta por 13 carrozas, ademais da do Servizo de Bombeiros, así como catro trens turísticos. En total, participarán 464 figurantes.

O itinerario da Cabalgata provocará unha serie de restricións no estacionamento dende primeira hora da mañá. De feito, dende ás 08.00 horas un equipo de sinalización colocará discos para restrinxir o aparcamento de vehículos a ambos lados na Ronda Monte Alto, dende Mariscal Loriga até a glorieta do Alcalde Sanjurjo de Carricarte. O servizo quedará restablecido contra ás 18.00 horas, a medida que avance a Cabalgata. Os efectivos municipais farán o mesmo, prohibindo o estacionamento a ambos lados da calzada a partir das 14.00 horas en Alcalde Sanjurjo de Carricarte, dende á altura da rúa Washington á Ronda de Monte Alto. O mesmo ocorrerá na Avenida de Hércules, rúa da Torre (dende Hércules até Campo da Leña), incluída a parada de carga e descarga dos números 57 e 59, rúa Orzán (dende Panadeiras até Pórtico de San Andrés), San Andrés (dende Pórtico até Santa Catalina) e Santa Catalina. Neste caso, a restrición de estacionamento permanecerá até as 20.00 horas. O aparcamento tamén quedará restrinxido na Costa de San Agustín a partir das 18.00 horas. Anteriormente, nas xornadas do 3 e 4 de xaneiro, os e as integrantes do dispositivo especialmente designado para a Cabalgata comprobarán a adecuada disposición das sinalizacións de prohibición de estacionamento nas zonas de concentración de carrozas, figurantes e itinerario.

Coa intención de que Cabalgata se desenvolva nas mellores condicións de seguridade para as persoas, e que se eviten retencións innecesarias de tráfico, a presencia dos efectivos de seguridade municipais ao longo do percorrido da comitiva tamén servirá para desviar pola rúa máis próxima a calquera vehículo que se atope no circuíto delimitado, existindo vehículos barreira para evitar calquera incidente. Durante a mañá do día 5, as carrozas concentraranse xa na Ronda de Monte Alto, entre as rúas Alcalde Sanjurjo de Carricarte e Mariscal Loriga y Requena. Pola tarde, á partir das 16.00 horas, os e as figurantes das carrozas daranse lugar no polideportivo de Monte Alto, mentres que o CEIP Víctor López Seoane tamén acollerá ás compañías de artistas participantes. Ás 10.00 horas un servizo de motoristas desprazaranse até o límite do termo municipal pola estrada AC-211 (Fonteculler) co obxectivo de acompañar ás carrozas até o seu destino. O seu cometido será reducir os espazos entre as distintas carrozas para que non se introduzan vehículos alleos ao dispositivo no medio das mesmas. As mesmas serán conducidas até a Ronda de Monte Alto, ocupando ambos sentidos da circulación.

Unha vez comece a celebración, contra as 18.00 horas, a Policía Local cortará o tráfico ao paso da comitiva, ata a súa finalización. Concluído o desfile, entre as  20.00 e 20.30 horas, as carrozas se desprazarán até o Paseo Marítimo da zona de Pelamios (sentido cara a Torre de Hércules, dende a rúa Veramar) ocupando o carril dereito. Un vehículo patrulla co alumeado correspondente desviará o tráfico cara ao carril esquerdo. Unha vez reunidas todas as carrozas, serán, de novo, acompañadas até o límite do termo municipal. Os motoristas que abren a Cabalgata pasarán a regular a incorporación das carrozas en Campo da Leña coa saída da Costa de San Agustín.

Documentos:

Percorrido da Cabalga de Reis (PDF) (209 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión