Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de novembro de 2016

O Concello activa mañá un dispositivo especial de tráfico no Paseo Marítimo pola celebración da VI Legua Solidaria RSD Hípica Malawi

A carreira comezará ás 10.30 horas e a circulación de vehículos permitirase nos tramos ao paso das e dos participantes

A Concello da Coruña establecerá un disposito especial de tráfico mañá, domingo 27, con motivo da VI Legua Solidaria RSD Hípica Malawi, cuxa celebración afectará ao Paseo Marítimo desde a rotonda das Ánimas até a glorieta da Torre de Hércules, así como no acceso e saída de Adormideras. O inicio da proba da categoría absoluta está previsto contra ás 10.30 horas, polo que se prevé que a afección ao tráfico no percorrido, que se abrirá ao paso das e dos participantes, comece ás 10.00 horas. Desde as 08.00 horas cortarase o acceso desde a S. D. Hípica ao Paseo, e no percorrido afectado pola celebración da proba, non se poderá circular desde 5 minutos antes do inicio da carreira, cuxa finalización está prevista ás 13.30 horas. A zona máis afectada pola realización da Legua Solidaria será Adormideras. A saída e o acceso do barrio realizarase pola glorieta de Adormideras, con tráfico alternativo -e regulado pola Policía Local- por un dos carrís, xa que o outro será empregado para a proba. No caso de Regata Cutty Sark, o carril máis próximo aos inmobles estará aberto á circulación.

En canto ao estacionamento de vehículos, non estará permitido aparcar desde as 08.00 da mañá no Paseo Marítimo á altura da saída da Hípica, como tampouco será posible facelo na curva de acceso ao Club do Mar nin na isleta de incorporación desde os Menhires ata a rúa Regata Cutty Sark. No caso das veciñas e veciños que teñan os seus garaxes situados detrás do Oceanográfico, as saídas dos vehículos estarán indicadas con conos ata que se incorporen á circulación aberta, para non coincidir coas e cos atletas; mentres que todas aquelas persoas que teñan os seus vehículos estacionados no Paseo Marítimo, entre a glorieta de Adormideras e Veramar, non poderán circular mentres pasen deportistas. Esta última rúa estará cortada cara ao Paseo Marítimo, e os vehículos deberán cambiar o sentido da marcha e saír cara á rúa Orillamar.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión