Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de outubro de 2017

O Concello adxudica as obras de acondicionamento que permitirán abrir o antigo cárcere da Torre ao uso socio-comunitario e cultural

O contrato, que ten un custo de 184.659 euros, prevé unhas obras de 56 días de duración, que servirán para acondicionar unha serie de espazos para poder acoller estes novos usos, para actividades "o máis flexibles e variadas posible"

O Concello vén de adxudicar as obras de acondicionamento no antigo cárcere da Torre que permitirán abrir distintas dependencias do edificio a proxectos de dinamización cultural e socio-comunitaria. O contrato, que ten un custo de 184.659 euros, prevé unhas obras de 56 días de duración, que servirán para acondicionar unha serie de espazos para poder acoller estes novos usos, tal e como avanzou este sábado o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, durante unha entrevista en Radio Coruña Cadena Ser. Os traballos principais consisten no saneamento e impermeabilización da cuberta de todo o edificio, para evitar o seu deterioro debido ás filtracións de auga, e actuacións en certas estancias na zona máis próxima ao Paseo Marítimo, para habilitar distintos espazos, como a entrada do inmoble, un patio interior ou algunhas salas, "posibilitando usos usos e funcións o máis flexibles e variadas, buscando que sexan polivalentes", indicou o responsable municipal. A intervención alcanzará tamén a instalación eléctrica, os percorridos contraincendios e incluirá a retirada de elementos como cascotes.  

Deste xeito, e como sinala Varela, o inicio dos traballos nas próximas semanas permitirá ter as obras rematadas a finais de ano para poder dar cabida ás actividades socio-comunitarias e culturais recollidas no convenio asinado co SIEP -a Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penitenciarios SA, dependente do Ministerio do Interior- para a cesión do inmoble ao Concello durante dous anos prorrogables. O contido deriva do proxecto elixido a través dun proceso de concorrencia pública para a cesión de usos destes espazos, para dinamización de actividades sen fins lucrativos e de carácter artístico, educativo, sociocultural e lúdico.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión