17 de marzo de 2020
Con esta medida, non estará concentrado todo o cadro de persoal no parque da Grela e poderanse atender mellor as demandas e necesidades da cidadanía
O Goberno local agradece a cesión por parte da Deputación, das instalacións do IES Calvo Sotelo para recolocar alí unha parte do persoal do Parque de Bombeiros da Coruña. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, materializou esta mañá a resolución pola que a institución provincial pon ao dispor do concello de forma temporal parte das insfraestruturas do IES Calvo Sotelo, na rúa Archer Milton Huntington. Alí situarase unha dotación do Parque de Bombeiros da Coruña e deste xeito, non estará concentrado nun único emprazamento físico todo o cadro de persoal. Esta medida tómase para garantir así un servizo axeitado á cidadanía durante a crise santiaria do coronavirus.
Desprazaranse dous camións dos Bombeiros ao Calvo Sotelo, onde se habilitarán tamén seis dependencias da residencia para as e os profesionais, que poderán ser ampliadas por demanda do concello e en función das necesidades futuras.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible