Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de febreiro de 2016

O Concello comeza coa segunda fase do programa de recollida diferenciada de roupa coa instalación de 25 novos contedores

A Concellería de Medio Ambiente promoveu xa a colocación de case o 40% dos dispositivos de recollida previstos

O Goberno da Coruña comezou este martes coa segunda fase de implantación dos novos contedores que promoven e facilitan a recollida diferenciada de roupa usada e materiais téxtiles. O pasado xaneiro, a Concellería de Medio Ambiente deu luz verde a este ambicioso programa que pretende colocar os dispositivos por toda a cidade para permitir que a cidadanía deposite neles este tipo de residuos. A primeira fase comezou coa instalación de 22 depósitos en espazos municipais da cidade --principalmente en centros cívicos e mercados municipais--. Nesta segunda fase, que comeza hoxe, abordarase a instalación doutros 25 contedores máis, tamén ubicados especialmente no entorno de centros cívicos e municipais.

O convenio, que se desenvolve a través dun programa coa entidade Padre Rubinos contempla a colocación dun total de 125 contedores, dos que xa se levan implantado case o 40%, sendo a previsión a de que no mes de xuño se alcance o 60%. Posteriormente, a Concellería de Medio Ambiente iniciará un período de revisión e seguimento da actividade en cada contedor, á fin de poder establecer melloras ou resolver demandas da cidadanía --se é que fose preciso-- antes de abordar a instalacións dos seguintes.

“O Concello quere potenciar este tipo de recollida diferenciada, que ten unha grande calidade na separación e que, sobre todo, está servindo para introducir socialmente a persoas con necesidades de reincorporarse ao mercado laboral”, indicou a concelleira responsable de área de Medio Ambiente, María García. “É necesario aproveitar este tipo de residuos valorizables, que revisten interese económico, para acadar unha maior igualdade e maior inserción laboral na cidadanía”, dixo.

En concreto, os novos contedores se ubicarán nos seguintes puntos:

  1. Antiga Instalación de Padre Rubinos

  2. Rúa Nova /Rúa Vella

  3. Praza dos Ángeles

  4. Centro Cívico Eirís

  5. Juan Díaz Porlier/Luciano Yordi de Carricarte

  6. Rúa José Luis Bugallal Marchesi/Rúa Salvador y Merino

  7. Centro Cívico Novonoandanza

  8. Barrios dos Pescadores

  9. Biblioteca Municipal Sagrada Familia

  10. Centro Cívico San Pedro de Visma

  11. Rúa da Haya/U.P. Valoire

  12. Avenida Finisterre/San Pedro de Mezonzo

  13. Centro Cívico Labañou

  14. Casa da Auga/Estadio de Riazor

  15. Santa Gema/Luis López Casanegra

  16. Catro Camiños/Alexandre Bóveda

  17. Praza de Galicia

  18. Caleixón da Estacada/Avenida da Mariña

  19. Rúa Isabel López Gandalla/Rúa Maestranza

  20. Nosa Señora da Luz/Ronda de Outeiro

  21. Futura Avenida de Oza (General Sanjurjo) 200/Mirador dos Castros

  22. Rúa Roberto Tojeiro Díaz/Cubela

  23. Rúa San Vicente/ Ramón Cabanillas

  24. Rúa Nicaragua/Enrique Dequidt Hevia

  25. Pablo Picasso/Alexandre Von Humbolt

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión