22 de maio de 2017
O concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, indica que o seu departamento xa informou á Consellería de Presidencia deste feito, así como da aprobación da liquidación de taxas pendentes de aboar, o que posibilita a autorización da ocupación e funcionamento do edificio
O Concello da Coruña vén de conceder á Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia a licenza urbanística necesaria para a legalización das obras executadas no antigo edificio da Fábrica de Tabacos. Do mesmo xeito, procedeu a aprobar a liquidación das taxas que estaban pendentes de aboar por parte do Goberno autonómico. Ambos, pasos previos para proceder tamén a "autorizar a ocupación e o funcionamento do edificio para os usos institucionais e de equipamento aos que se destina". O concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, indicou que o seu departamento vén de remitir por correo á Xunta a documentación que acredita a autorización definitiva, se ben "xa se lle adiantou a concesión da perceptiva licenza, sempre no camiño de manter unhas relacións institucionais baseadas na lealdade, tendo en conta que todos e todas traballamos exclusivamente para mellorar a vida da cidadanía".
O edil destacou que o Concello "traballou coa máxima celeridade posible para poder garantir o correcto funcionamento deste edificio, así como que puidera estar á disposición da cidadanía canto antes".
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible