Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de outubro de 2015

O Concello condena os catro crimes machistas perpetrados en Bizkaia, Murcia, Vigo e Palencia

O goberno local, de acordo co protocolo aprobado en setembro en Pleno por unanimidade de toda a Corporación, convoca un minuto de silencio mañá mércores, ás 12.00 do mediodía, diante do Pazo de María Pita

O Concello da Coruña quere amosar a súa condena ante os crimes machistas rexistrados nas últimas 72 horas en todo o Estado español, en concreto nas cidades de Erando (Bizkaia), Beniel (Murcia) e Vigo, ao que se sumou esta mesma tarde o acontecido en Guardo (Palencia). Por iso, convoca á Corporación municipal e aos traballadores e traballadoras a concentrarse mañá mércores, ás 12.00 horas, ás portas do Pazo de María Pita e gardar un minuto de silencio para amosar a súa repulsa ante estes novos feminicidios.

Con esta condena rotunda e este sinal de solidariedade, o Concello cumpre co protocolo de actuación en caso de asasinatos machistas que foi aprobado, no Pleno do pasado 4 de setembro, co apoio de todos os grupos da Corporación, e ratifica o seu compromiso de denuncia ante as violencias machistas.

A Concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, chama a concienciación cidadá e lembra que os programas de prevención social son a principal vía para rematar coa violencia machista, ademais do necesario reforzo dos servizos de apoio ás mulleres que sofren esta situación. Tras confirmarse esta tarde, a cuarta vítima, Fraga reflexiona que “desde o Concello se percibe esta situación como un claro repunte do que xa hai que entender como feminicidio”

Desde a concellería convídase tamén a os veciños e veciñas a secundar a convocatoria do movemento feminista, que terá lugar mañá mércores ás 20.00 horas no Obelisco así como noutras cidades en consonancia co que se vén facendo cada vez que se produce un asasinato machista en Galicia.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión