Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de setembro de 2015

O Concello da Coruña e o de Santiago de Compostela analizan o mapa de rutas dos aeroportos de Alvedro e Lavacolla

Alberto Lema e Marta Lois, responsables de Turismo, buscan coordinar e optimizar os recursos das institucións municipais

 

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, e a concelleira de Turismo en Santiago de Compostela, Marta Lois, reuníronse no Pazo de María Pita na tarde de onte, mércores 23, para analizar a situación dos aeroportos de Alvedro e Lavacolla. “Intercambiamos información entre ambos concellos de cara a facer unha análise do mapa de rutas de cara ao futuro”, sinalou Lema, responsable da área de Turismo na cidade da Coruña. “Este é o primeiro dunha serie de encontros para mellorar a coordinación e  optimizar os recursos das Administracións locais”, salientou o concelleiro, quen lembrou que “os concellos da Coruña e Santiago non teñen competencia directa sobre os aeroportos, pero si poden estudar a súa situación e buscar unha racionalización dos investimentos públicos”.



O edil destacou a “boa sintonía e fluidez” entre ambas institucións, emprazadas a un novo encontro que terá lugar nas vindeiras semanas en Santiago de Compostela.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión