Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de setembro de 2016

O Concello establecerá un dispositivo especial de tráfico no Paseo Marítimo este domingo 18 pola celebración da Carreira da Muller

A proba, que comezará ás 10.00 horas, provocará o corte total de tráfico desde Riazor ata a Torre de Hércules, e limitará o estacionamento

O Concello da Coruña ten previsto poñer en marcha o próximo domingo, día 18, un dispositivo especial de mobilidade co gallo da celebración da Carreira da Muller. A proba, na que participarán 6.500 persoas, desenvolverase ao longo de toda a mañá, desde as 10.00 horas, e terá a súa saída e meta en Riazor, xa que dará a na Torre de Hércules. Así, a Concellería de Mobilidade Sostible sinala que se producirá unha afección total ao tráfico no Paseo Marítimo entre ambos puntos desde as 09.30 horas da mañá ata as 12 do mediodía, hora estimada do fin da proba. O tráfico recuperarase a medida que pasen as corredoras cara a meta.

O primeiro corte no Paseo Marítimo producirase ás 07.30 horas, e manterase ata as 14.00 horas. Será na zona de saída da carreira, na contorna do Pazo dos Deportes, xunto ao Playa Club. O tráfico desviarase pola avenida da Habana e a rúa Manuel Murguía. A glorieta das Esclavas quedará totalmente libre para a circulación, permitindo o cambio de sentido na mesma durante a proba, agás na hora previa a saída. Así, de 09.15 a 10.00 horas, o tráfico de Manuel Murguía desviarase cara Paseo de Ronda, e o do Millenium cara Almirante Eulate ou Cadarso en función da situación das participantes.

Unha vez se estipule o corte total na enseada do Orzán, e de cara a facilitar a seguridade da proba durante o seu desenvolvemento, limitarase o estacionamento no tramo do Paseo Marítimo polo que transcorra a mesma. Deste xeito, desde as 09.30 ata as 12.00 horas do mediodía, non se poderán desaparcar vehículos, mentres que si se reestablecerá o tráfico ao paso das deportistas.

Por último, xa na glorieta da Torre de Hércules, a carreira ocupará o carril exterior no tramo da mediana, a carón do Aquarium Finisterrae, mentres que o carril interior quedará operativo para o tráfico.  

Transporte público

As liñas de transporte público urbano cuxo percorrido inclúa o Paseo Marítimo -- 3, 3A, 4, 6, 6A, 7, e 11 -- tamén modificarán o seu itinerario habitual nos tramos afectados pola celebración da proba.

No caso da liña 7, circulará en ambos sentidos pola avenida da Habana no lugar de facelo por Manuel Murguía. Pola súa banda, a liña 3A transitará por praza de Pontevedra, San Andrés, Sol, Hospital, Praza de España e Orillamar, onde retomará o seu itinerario habitual, e a liña 3 verá modificado o seu percorrido no sentido Adormideras - Praza de Pontevedra polo que, desde a glorieta das Lagoas, circulará pola Avenida de Hércules, Torre, Praza de España, Panaderas, San Andrés e Praza de Pontevedra, onde recuperará o seu itinerario.

A celebración da proba tamén obrigará as liñas 4, 6, 6A e 11 a mudar o seu percorrido, que desde a Praza de Pontevedra continuarán pola rúa San Andrés e Sol. Na rúa Hospital, as liñas 4, 6 e 6A retomarán o itinerario, mentres que a liña 11, continuará por Hospital, Praza de España, Orillamar, Santo Tomás e terá a súa cabeceira en Hércules, 115.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión